Imprimir

OS CONCELLOS DE LUGO, SANTIAGO E A CORUÑA SELARÁN MAÑÁ O "TRIÁNGULO MÁXICO" QUE PERMITIRÁ PROMOCIONAR O PATRIMONIO MUNDIAL GALEGO


17/7/2009 * Os Alcaldes das tres cidades percorrerán un tramo do Camiño de Santiago para fixar a colaboración
* A iniciativa pretende dinamizar a economía e o turismo da comunidade

Os Concellos de Lugo, Santiago e A Coruña selarán mañá o triángulo máxico que permitirá promocionar o Patrimonio Mundial Galego. A iniciativa une aos Concellos de Lugo, Santiago e A Coruña co obxectivo de por en valor e dar a coñecer o Patrimonio Mundial galego “na Comunidade, no Estado e no mundo”. Así, os tres concellos conformarán un triángulo máxico amparados no Patrimonio Mundial a través do cal dinamizar a economía e o turismo da comunidade.

“Cada unha das nosas cidades conta cun monumento dos que conforman o triángulo máxico da cultura, o turismo e a historia. Un triángulo que os Alcaldes queremos por en valor, ademais de ensalzar o que significa historicamente, culturalmente e como reclamo turístico”, destaca o Alcalde.

Os tres Alcaldes farán unha ruta de cinco quilómetros, un dos tramos do Camiño de Santiago, coa que se materializará a unión entre os tres Concellos. A camiñata sairá da Capela do Cebreiro e rematará no lugar de Hospital. Ao final da mesma, lerase un manifesto e darase conta dos compromisos adquiridos que logo se trasladarán as administracións co fin de atopar o seu apoio.