Imprimir

A PRAZA DE ANXO FERNÁNDEZ GÓMEZ ACOLLE O DOMINGO A REPRESENTACIÓN DE QUIEN TODO LO QUIERE DE LOPE DE VEGA


17/7/2009 A obra forma parte da programación cultural do Concello de Lugo para este verán

A representación de Quien todo lo quiere... chega a Lugo o vindeiro domingo19 de xullo englobada dentro da programación cultural do Concello de Lugo para os meses do verán. A cita será as 22:00 horas na Praza de Anxo Fernández Gómez.

Fai 400 anos a Academia de Madrid pediulle a Lope de Vega un ensaio sobre a forma de concibir e realizar o seu traballo como poeta dramático, así escribiu os 389 versos sobre o arte novo de facer comedias neste tempo. Con este poema Lope intenta, por un lado, xustificar a entidade artística das súas obras, pero, por outro, destacar o avance estético que suporía non atenerse de maneira estrita ás normas aristotélicas.

Para lembrar estas efeméride a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), baixo a coordinación do Ministerio de Cultura, deseñou o programa cultural Las huellas de La Barraca, co que rememora unha das empresas máis destacadas no terreo das artes e das letras españolas: a posta en marcha de La Barraca por Federico García Lorca entre 1932 e 1936.

O público asistente poderá desfrutar desta comedia da madurez creativa de Lope en torno aos devaneos amorosos da súa personaxe central: Octavia. Trátase dunha comedia de enredo, sobre a entrega e o o egoísmo, con personaxes secundarias cheas de chispa e desenfado.

A representación que chegará a Lugo engade ao verso de Lope o apoio dunha banda sonora interpretada en vivo polos mesmos actores que aportan frescura e dinamismo ao espectáculo.