Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo e o Ministro de Traballo manifestan a intención de establecer liñas de colaboración en materia de emprego


# Martes, 21/07/2009
* José López Orozco e Celestino Corbacho mantiveron unha reunión de traballo na Casa do Concello na que tamén participaron o subdelegado do Goberno e o Presidente da Deputación

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
* O Alcalde de Lugo participou xunto co Ministro e demais autoridades na inauguración da nova sede conxunta da Dirección Provincial da TGSS e INSS


O Alcalde de Lugo e o Ministro de Traballo e Inmigración manifestaron hoxe a súa intención de establecer liñas de colaboración entre ambas as administracións en materia de emprego. López Orozco trasladoulle ao Ministro o interese en atopar algunha liña de colaboración a través do Plan Mercurio, tendo en conta que as competencias en materia de emprego recaen no Goberno galego. Igualmente, expuxo, “manifestamos o interese por atopar algunha vía de colaboración a través do Plan Mercurio no que estamos incluídos todos os axentes locais, co fin de mellorar as condicións das persoas que estean en paro e daquelas que estean a ter dificultades neste momento”.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo na casa do Concello na que tamén participaron o subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, así como o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.

López Orozco expuxo que se buscarán esas liñas de colaboración sempre que non vaian en detrimento das competencias da Xunta “coa que tamén buscaremos esa colaboración”.

Tras o saúdo ás autoridades locais, o ministro asinou no Libro de Honra. A continuación, trasladáronse á nova sede conxunta da Dirección Provincial da TGSS e INSS, situada na rúa Músico Xosé Castiñeira, onde Celestino Corbacho inaugurou o edificio e visitou as novas instalacións.

Na reunión mantida co Alcalde de Lugo, López Orozco trasladoulle ao Ministro os compromisos adquiridos polo Concello en materia de emprego. Así, explicou que unha das accións do Goberno se fundamenta na aposta pola formación co fin de reactivar o emprego. Neste sentido, deu conta de iniciativas como o programa formativo Lugo, emprego activo que conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros, o 80% financiado polo Fondo Social Europeo, no que participaron máis de 2.000 persoas das que a metade conseguiu un posto de traballo.

O Alcalde de Lugo fixo referencia así mesmo, ao proxecto experimental de emprego Lugo Contigo dirixido a fomentar a integración laboral de persoas con discapacidade. Todas elas son medidas e iniciativas polas que o Concello aposta “como paso previo a unha inserción laboral baseada na cualificación persoal”.

Neste sentido, logo de exporlle os proxectos nos que o Concello de Lugo ven traballando, López Orozco manifestou o seu interese por establecer liñas de colaboración co departamento que dirixe Celestino Corbacho de cara a “contribuír así á reactivación do emprego e o fortalecemento do mercado laboral”. Unha colaboración na que o Ministro se amosou interesado e que permitirá establecer as bases para algún acordo futuro en materia de emprego.

As iniciativas elaboradas polo Concello están a dar boas resultados, tal e como trasladou o Alcalde. Así, José López Orozco, recordou os últimos datos do paro que reflicten que Lugo e Ourense son as provincias galegas que experimentan un maior descenso no número de desempregados. O paro rexistrou un descenso do 5,05% en Lugo con 955 desempregados menos.

O Ministro asinou no Libro de Ouro do Concello no que escribiu:
“Agradezco al amigo y magnífico alcalde de Lugo, Sr. Orozco, su invitación para visitar esta magnífica ciudad llena de historia pero también de proyectos de futuro”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova