Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O concerto de Oh Trío dará continuidade o mércores ao programa "Entre Lusco e Fusco" de Lugo Cultural


# Martes, 21/07/2009


O concerto do grupo Oh Trío dará continuidade mañá mércores 22 ao programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra o Concello de Lugo, a Vicerreitoría de Cultura da USC, a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia. Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celebraranse varias actuacións musicais co obxectivo de recuperar zonas naturais como espazo escénico para a música.

Por isto, os concertos teñen lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, combinando diferentes estilos. A actuación de Oh Trío, con Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín, será a segunda deste ciclo.

A banda, que conta con menos de dous anos de vida, ofrecerá un repertorio cun marcado estilo de jazz europeo, cunha gran diversidade de influenzas estilísticas propias. No espectáculo musical tocarán, por tanto, temas de colleita propia e pezas de compositores europeos como Valentín Clastrier ou Richard Galliano.

Os concertos continuarán o día 29 coa actuación de Nordestinarrobas, con Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade. Todas as actuacións, de entrada libre e gratuíta, serán ás 21:00 horas. No caso de choiva, as actuacións celebraranse no Auditorio Gustavo Freire, para o que sairían autobuses desde o Instituto Lucus Augusti ás 20:30 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova