Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco trasládalle ao reitor da USC a confianza no seu traballo e pídelle o máximo esforzo para que a Facultade de Ciencias siga traballando polo desenvolvemento científico e intelectual da provincia


# Mércores, 22/07/2009
Así llo fixo saber López Orozco ao reitor da USC, Senén Barro, no día de hoxe

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, trasladoulle esta mañá ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, “a confianza no seu bo facer” respecto ao campus de Lugo, ao tempo que lle pediu “o máximo esforzo para que a Facultade de Ciencias, que tan ben está traballando, siga facéndoo polo desenvolvemento científico e intelectual da provincia”.

O Alcalde de Lugo envioulle esta mañá unha carta ao reitor na que lle manifestaba a preocupación da cidade polo plan Bolonia e as consecuencias da súa implantación nas titulacións que se imparten en Lugo. Na carta, López Orozco pídelle a Senén Barro que atenda as solicitudes achegadas desde o campus de Lugo de que a Enxeñería Técnica Industrial “non perda un grao senón que o consiga”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova