Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Muller e Benestar Social visitan o barrio do Castiñeiro


# Mércores, 22/07/2009
O Concello ofrece ao longo dos meses de verán un bo número de actividades de lecer e formativas nas instalacións municipais da zona

Imaxe Asociada Visita o Castiñeiro
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, visitaron esta tarde as instalacións municipais do Barrio do Castiñeiro.

O Concello de Lugo ven desenvolvendo nesta zona un bo número de actividades de lecer e formativas, tanto na rúa como nas infraestruturas municipais coas que se foi dotando ao barrio nos últimos anos.

Un bo exemplo destas infraestruturas é a Aula do Castiñeiro, coa que se trata de continuar co esforzo do Concello para promover o acceso dos cidadáns ás tecnoloxías da información e da comunicación a través da participación. O Alcalde e a Concelleira coñeceron de primeira man a participación da cidadanía na campaña de verán que se está a desenvolver neste momento e coa que os usuarios se achegan ao mundo das novas tecnoloxías a través dos diferentes obradoiros organizados.

Por outra banda, López Orozco visitou tamén o Punto Xuvenil da praza do Castiñeiro aberto o ano pasado subvencionado cos bens decomisados do Plan Nacional de Drogas. O obxectivo que persegue o equipo de Goberno con este punto é traballar na rúa cos rapaces e rapazas deste barrio que deixaron os estudos e que está sen ocupación, buscar as súas motivacións para guialos na busca de emprego ou orientalos na súa formación. Este espazo permítelle ao Concello achegarse aínda máis aos mozos e mozas da cidade, proporcionándolles en diferentes zonas centros aos que acudir para que se escoiten as súas suxestións e necesidades. Aínda que o centro está, en principio, destinado a persoas entre 13 e 30 anos, está aberto a toda a cidadanía para ofertar información sobre os servizos que do Concello. Convértese así nun punto de referencia para obter toda a información relativa a axudas, oferta cultural, educativa, deportiva, laboral, etc.

O Alcalde e a responsable da área de Benestar Social visitaron tamén as clases de baile, organizadas polo Concello, e que se están a desenvolver nos meses de verán no Centro Socia Díaz de Castro. Esta actividade de carácter gratuíto, permite aos asistentes, de entre 12 e 25 anos, practicar bailes de diferentes estilos musicais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova