Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo alcanza unha puntuación de notable na súa transparencia segundo o ITA


# Xoves, 23/07/2009
A cidade alcanzou o posto 17 dun total de 110 municipios

Segundo o Índice de Transparencia de los Ayuntamientos (ITA) 2009 elaborado pola organización Transparencia Internacional de España o Concello de Lugo ten unha puntuación de notable acadando o posto 17 dun total de 110 municipios.

A capital lucense obtivo unha puntuación de transparencia de 87´5, moi por enriba da media que se sitúa en 64 puntos. Lugo é, unto con Santiago de Compostela, o concello máis transparente de galicia.

Estes datos, segundo o Goberno Local, veñen a demostrar o esforzo que nestes últimos anos realizou o equipo de López Orozco para ofrecer á cidadanía unha información clara e transparente a través de diferentes medios para achegar aos lucenses todos aqueles datos que lles podan interesar.

Compre subliñar a puntuación acadada polo Concello de Lugo na área de contratacións de servizos que sitúa á cidade nun primeiro posto. Ademais, está entre os primeiros en materia de urbanismo e obras públicas, e na transparencia económico-financieira.

Este listado de transparencia elaborado pola organización de Transparencia Internacional de España elabórase a través dun conxunto de 80 indicadores divididos en 5 áreas. Nesta edición de 2009 hai un total de 79 Concellos que superaron a puntuación de 50 puntos sobre os 100, mentres que no 2008 soamente houbo 55 aprobados.

O Concello de Lugo continuará a traballar para seguir mellorando a información que se ofrece publicamente á cidadanía, e aumentar cada vez máis o seu índice de transparencia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova