Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo subliña que o convenio asinado con Lugo Centrum contribúe no obxectivo de pór á cidade nas mellores condicións


# Xoves, 23/07/2009
* O Concello de Lugo concédelle á asociación unha achega de 15.000 euros para realizar actividades de animación, promoción e dinamización de Lugo Centrum


Imaxe Asociada
* Preto de 40 establecementos teñen solicitado subvencións para acollerse ao Plan Urban

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o presidente da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos do Centro Comercial Aberto de Lugo, José Sánchez Bergantiños, asinaron esta mañá un convenio de colaboración mediante o cal o Concello concede unha subvención á asociación de 15.000 euros para realizar actividades de animación, promoción, desenvolvemento, dinamización e consolidación de Lugo Centrum.

López Orozco destacou que o convenio reafirma o compromiso do Concello co comercio, a súa modernización e o interese da asociación por darlle ornamento ao comercio da cidade tanto nas estruturas externas como nas internas.

Na súa intervención, o Alcalde de Lugo manifestou o seu interese por seguir colaborando coa asociación coa finalidade de que “a xente compre en Lugo”, porque, destacou, “temos todo o que teñen outras cidades e incluso somos punteiros en moitos sectores como, por exemplo, o do calzado”.

Así mesmo, López Orozco explicou que é preciso darlle confianza aos consumidores para que sigan realizando un consumo responsable en época de crise. “Hai que transmitir a confianza no futuro da cidade, co cal hai que saber que merece a pena mercar no comercio para que non desapareza”, expuxo.

López Orozco agradeceu a colaboración establecida con Lugo Centrum o que nos permite, explicou, “desenvolver o Plan Urban que está axudando a pór á cidade nas mellores condicións, o que favorece a visión que os veciños teñen de Lugo e do centro, así como a de todos aqueles que nos visitan”.

A través do Urban e de convenios como o asinado hoxe, explicou López Orozco, “facemos máis grande o comercio do centro, o centro e o conxunto da cidade”.

Pola súa banda, José Sánchez Bergantiños, presidente da asociación Lugo Centrum, agradeceu a aposta do Concello polo desenvolvemento da cidade e o apoio prestado á asociación que preside. Destacou que o Plan Urban lle outorga un plus engadido ao comercio e ao centro de Lugo.

Plan Urban
En relación co Plan Urban, o Alcalde de Lugo recordou que o prazo para pedir subvencións remata o vindeiro 2 de outubro. Ata o momento hai preto de 40 peticións, 11 para mobiliario de terrazas, 17 para toldos e rótulos e 11 para fachadas.

Plan Urban


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova