Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo clausura os cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico no que participaron 153 rapaces e rapazas


# Venres, 24/07/2009
López Orozco resaltou o compromiso do Concello para consolidar a seguridade viaria como un desafío de futuro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Xefe Provincial de Tráfico, Gonzalo León, o Xefe do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, e outros membros da Corporación Municipal participaron hoxe na clausura e entrega de diplomas dos cursos de verán da XII edición Educación Vial que se desenvolveron entre o 29 de xuño e o 24 de xullo.

Estes cursos están dirixidos aos rapaces e rapazas de Lugo, de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, para kart e bicicleta, e entre os 14 e os 16 para ciclomotor. Os rapaces recibiron formación teórica e práctica durante dúas horas e media diarias.

Entre as novidades realizadas este ano encóntrase unha charla sobre como inflúe o consumo de drogas e do alcol na condución que foi impartido polo doutor Carlos Quintas do Servizo de Prevención do SERGAS.

O Alcalde resaltou o compromiso do Concello coa Educación Viaria que se plasma no programa que se desenvolve ao longo do curso escolar a través de varias actividades para mozos e mozas que se celebran no Parque Infantil de Tráfico e nos colexios.
“Continuamos coa nosa aposta firme para consolidar a seguridade viaria como un desafío de futuro. Queremos que os máis pequenos coñezan e respecten os sinais e as normas de tráfico, mellorando a seguridade nas rúas e nas estradas”, indicou.

López Orozco explicou que o equipo de Goberno do Concello concibe a educación viaria como como a base para conseguir facer das cidades lugares máis seguros en canto á circulación se refire. O Alcalde afirmou que “o noso obxectivo é que os cidadáns aprendan a vivir en comunidade dende cativos, desenvolvendo os hábitos de convivencia cidadá e o seu sentido de responsabilidade, respectando unha organización da sociedade e dos dereitos dos demais”, e engadiu “comprometémonos na preparación dos peóns de hoxe e dos condutores de mañá”.

Nestes cursos participaron un total de 153 rapaces e rapazas da cidade, 20 nos cursos de ciclomotor e 133 de kart e bicicleta. Dos rapaces que recibiron clases de ciclomotor aprobaron todos o exame teórico, e soamente dous faiaron na proba práctica.

Parque Infantil de Tráfico (PIT)
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova