Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo porá en funcionamento a partir do luns dous radares na Ronda da Muralla


# Venres, 24/07/2009

A velocidade estará limitada a 61 km/hora



Imaxe Asociada
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, anunciou esta mañá a posta en funcionamento de dous radares na Ronda da Muralla, no número 68 e no 156 a partir do próximo luns. Tal e como explicou, os dispositivos “teñen como o obxectivo concienciar á cidadanía para que cumpran as normas e ter así unha cidade máis segura”.

Os dous radares que comezarán a operar a partir do luns estaban funcionando en probas, tempo no que detectaron arredor de 500 infraccións desde inicios de mes.

A velocidade máxima permitida nestes puntos será de 61 km/hora para unha vía limitada a 50. As sancións irán desde os 100 aos 520 euros. Para velocidades de 61 ata 80, serán 100 euros de sanción; de 81 a 90, 150 euros e 2 puntos de retirada; de 91 a 97, 380 euros e 6 puntos de retirada; de 98 a 104, conleva unha sanción de 450 euros e 6 puntos e, a partir de 105 km/hora, conleva 520 euros e a retirada de 6 puntos.

José Rábade explicou que durante o período de probas se rexistrou unha velocidade de 133 km/h dun vehículo mentres que outros tres pasaron o dispositivo a 104 km/hora.

Así mesmo, recordou que os condutores de Lugo son cumpridores coa norma, como demostran os últimos datos dados a coñecer pola DXT segundo os cales os condutores da provincia de Lugo foron os que máis puntos recibiron como premio: un 79´8% dos condutores gañaron 2 puntos, sendo Lugo a provincia máis beneficiada pola medida.

O Concelleiro pediulles aos cidadáns respecto ás normas de circulación para, entre todos, construír unha cidade máis segura.

O Concello de Lugo pretende que os radares colaboren, xunto co foto-rojo, na diminución das infracción en materia de seguridade viaria.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova