Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Rof Codina atendeu preto de 4.000 casos nos últimos seis meses


# Venres, 24/07/2009
O  Alcalde de Lugo participou na reunión celebrada hoxe na cidade 

Os membros do Padroado Fundación Rof Codina, que celebrou este venres 24 a súa vixésimo oitava xuntanza,  destacaron a actividade do Hospital Veterinario Universitario, que mantivo a súa actividade con respecto a anos anteriores e atendeu no que vai de ano preto de 4.000 casos de animais de distintas especies. Tamén se deu conta do incremento do número de estudantes que solicitan prazas para formarse no Hospital da USC, tanto nacionais como estranxeiros.

Na reunión, na que estiveron presentes entre outros o reitor da USC e vicepresidente do Padroado, Senén Barro, e o conselleiro de Educación e presidente da entidade, Jesús Vázquez,  e o Alcalde de Lugo, José López Orozco,  tomaron posesión como representantes da xunta a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Ramón Carballo; a xefa territorial de Sanidade, Purificación Rivas; e o xefe territorial de Medio Ambiente, José López.
 
Situación orzamentaria
En canto ao proxecto de orzamentos para 2010, manteranse as cotas que tiña a Fundación Rof Codina desde o 2008 así como o seu plan de austeridade en canto a inversións para o hospital durante o vindeiro ano. O orzamento para  2010 será de 1,7 millóns de euros.
 
Outros puntos que formaron parte da orde do día foron as distintas infraestruturas realizadas neste primeiro semestre do 2009, moi necesarias no Servizo de Cirurxía e Diagnóstico por Imaxe, co obxectivo de manter os estándares que permitiron a homologación no ano 2008.
 
Así mesmo, o Padroado informou da doazón para o hospital dunha gammacámara por parte da Clínica Nuestra Señora de la Esperanza de Santiago de Compostela. 
 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova