Imprimir

O ALCALDE DE LUGO VALORA A INTENCIÓN DO REITOR DA USC DA ACADAR UNHA OFERTA PARA O CAMPUS MÁIS AMPLA E ATRACTIVA NOS GRAOS E MÁSTERS UNIVERSITARIOS


24/7/2009

O Alcalde de Lugo valora a intención do reitor da USC, Senén Barro, de acadar “unha oferta máis ampla e atractiva nos graos e másters universitarios”. López Orozco segue mantendo a confianza no traballo do reitor ao que, nos pasados días, enviou unha misiva para instalo a que Lugo non vise afectada a súa oferta universitaria formativa por mor do Plan Bolonia.

Hoxe, unha vez coñecida a intención de Senén Barro de conseguir unha oferta máis ampla, atractiva e de maior calidade nos graos e nos másters universitarios da oferta docente do Campus de Lugo, López Orozco traslada a súa confianza nas palabras do reitor á espera da súa concreción.