Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan a funcionar os dous radares situados na Ronda da Muralla


# Luns, 27/07/2009
O obxectivo do Concello de Lugo é aumentar a seguridade vial da cidadanía

Hoxe comezan a funcionar os dous radares sitos á altura do número 68 e do 156 da Ronda da Muralla. O obxectivo do Concello de Lugo é o de concienciar á cidadanía para que cumpran as normas e ter así unha cidade máis segura.

A velocidade máxima permitida nos puntos controlados será de 61 qm/hora para unha vía limitada a 50. As sancións irán desde os 100 aos 520 euros:

  • Para velocidades de 61 ata 80, serán 100 euros de sanción.
  • De 81 a 90 qm/hora, 150 euros e 2 puntos de retirada.
  • De 91 a 97qm/hora, 380 euros e 6 puntos de retirada.
  • De 98 a 104 qm/hora, conleva unha sanción de 450 euros e 6 puntos.
  • Para velocidades superiores aos 105 qm/hora, conleva 520 euros e a retirada de 6 puntos.

O Equipo de Goberno pretende que, xunto co sistema do foto-rojo posto en marcha a principios de mes, os radares colaboren, na diminución das infraccións en materia de seguridade viaria nunha das vías máis transitadas da cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova