Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo proporciona formación para a inserción profesional nos novos sectores económicos


# Martes, 28/07/2009
Unhas 500 persoas participan nestas accións formativas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron esta mañá aos alumnos e alumnas dos cursos do programa Lugo, Emprego Activo e do plan FIP.

Os representantes municipais comprobaron no Centro de Empresas e Innovación como os participantes no itinerario de inserción sociolaboral realizan os obradoiros de formación, que logo continuarán con prácticas en empresas, ademais de recibir formación en novas tecnoloxías, medio ambiente e igualdade.

Ao longo de todo o proceso os participantes dispoñen dunha orientación personalizada e dun seguimento continuado por parte dos técnicos e técnicas do proxecto.

O Alcalde e a Concelleira visitaron nesta ocasión os seguintes cursos formativos:

- Auxiliar de axuda a domicilio
- Auxiliar de enfermería en hospitalización
- Mecánico de vehículos lixeiros

López Orozco e Sonia Méndez visitaron tamén aos participantes nas accións formativas de plan FIP (Formación para a Inserción Profesional) dirixidas a persoas en situación de desemprego, que está a impartir o Concello de Lugo a través dunha subvención da Consellería de Traballo:

- Axente de innovación
- Empregado en xestión financeira
- Xestor de solvencia e financiamento empresarial

Os coñecementos adquiridos polos asistentes aos cursos resultan fundamentais para traballar nos sectores económicos que xurdiron nos últimos anos. Estes sectores xeran un amplo abano de novas ocupacións e novas oportunidades de emprego e de negocios. O obxectivo do equipo de Goberno é o de detectar e divulgar os cambios no mundo do traballo e orientar e capacitar as persoas con inquedanzas profesionais en todo o que se refire ás novas oportunidades de emprego e aos sectores económicos emerxentes.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova