Imprimir

O CONCELLO DE LUGO REPARARÁ POR VÍA DE URXENCIA A REDE DE AUGA DA RÚA MESTRE SOUTULLO


28/7/2009 O Alcalde tomou esta decisión logo dunha reunión para avaliar a situación

O Alcalde de Lugo convocou esta mañá unha reunión co Concelleiro de Infraestruturas e os técnicos do Concello e do departamento que dirixe José Piñeiro na que se decidiu reparar por vía de urxencia a rede de auga da Rúa Mestre Soutullo, afectada de diversa consideración nos últimos días.

Unha vez analizada a situación, o Concello de Lugo decidiu acometer de xeito inmediato melloras que permitan solucionar os problemas de subministro da rúa e dos seus arredores. Melloras que comezarán a desenvolverse nos próximos días ata a súa subsanación íntegra.

Ao mesmo tempo e na mesma xuntanza tomouse o acordo de estudar a situación dos arredores da rúa Mestre Soutullo para, se fora necesario, proceder ás melloras pertinentes. O Concello lamenta os desperfectos ocasionados aos veciños que redundarán nunha mellora do servizo.