Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

"As 45 prazas de emprego público que oferta o Concello de Lugo este ano permitirán avanzar no compromiso coa creación de emprego estable e de calidade"


# Mércores, 29/07/2009
* Así o destacou esta mañá o voceiro municipal e Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Protección da Comunidade e voceiro municipal, José Rábade, deu conta hoxe da oferta de 18 novas prazas de emprego público que veñen a sumarse ás xa existentes en 2008 “permitindo avanzar no compromiso coa creación de emprego estable e de calidade”. Tal e como destacou José Rábade, a oferta pública de emprego do Concello, 45 prazas en 2009 e 77 en 2008, supoñen a creación de 122 novas prazas en menos de dous anos de mandato.

Das 45 prazas ofertadas neste ano, 39 son para funcionarios e 6 para persoal laboral. Trátase, explicou, “dun emprego de calidade que beneficia aos traballadores baseado no mérito, a capacidade e a igualdade”.

Así, a Xunta de Goberno Local deu conta da aprobación das bases específicas para o acceso en propiedade a tres prazas de auxiliar de administración xeral pertencentes ao cadro de persoal do persoal funcionarial do Concello. Ademais, aprobáronse as bases específicas para o acceso en propiedade de quince prazas de auxiliar de administración xeral, e delas reservadas para persoas discapacitadas.

Noutra orde de temas, a Xunta de Goberno Local celebrada hoxe autorizou dúas licenzas de aparcelamento e sete licenzas de obra.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova