Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo visita as actividades de verán do Centro de Convivencia de Fingoi


# Mércores, 29/07/2009
Os rapaces das aulas abertas representaron unha obra de teatro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta mañá o Centro de Convivencia de Fingoi onde se están a celebrar diferentes actividades organizadas polo Concello para a tempada de verán.

Os máis de 30 participantes na clase de bioximnasia compartiron con López Orozco as súas experiencias con esta práctica que permite relaxar o corpo e activar a enerxía bloqueada.

Por outra banda, o Alcalde e a Concelleira asistiron á representación teatral realizada polos rapaces e rapazas que asisten ás aulas abertas do Centro de Convivencia de Fingoi.

Ao longo de todo o verán pasarán polas Aulas Abertas deste centro municipal preto de 200 rapaces. O obxectivo do equipo de Goberno é proporcionar aos pais e nais, actividades alternativas que lles permitan conciliar a vida familiar e laboral ao longo dos meses de verán.

O Alcalde amosou a súa satisfacción por poder ver as actividades que fan maiores e pequenos e indicou que “merece a pena a inversión que facemos en persoas que son as que forman a parte máis importante da cidade”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova