Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo salienta que os 300 empregos creados ao abeiro do CEI-NODUS o consolidan como un instrumento para revitalizar a economía lucense


# Xoves, 30/07/2009
* José López Orozco e Sonia Méndez visitaron esta mañá dúas das empresas que naceron no viveiro do CEI


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

* Considera neceario “axilizar e outorgar unha boa definición ás obras das Gándaras para poder ofertar solo industrial, un polígono moderno e nas mellores condicións”
* Destaca que son empresas que apostaron por Lugo para desenvolver a súa actividade e que están obtendo grandes éxitos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron esta mañá dúas das empresas creadas no viveiro do CEI-NODUS: Ardinova e Imaxina, entidades ambas adicadas ás novas tecnoloxías. López Orozco salientou que os 300 empregos creados ao abeiro do CEI-NODUS desde a súa posta en marcha en 2005 o consolidan como un instrumento para revitalizar a economía lucense.

“Hai que valorar o traballo realizado por estas empresas nun momento complicado economicamente por ter sido capaces de crear unha iniciativa, crear emprego e innovar para posicionarse nun mercado competitivo”, explicou.

Así mesmo, referíndose ao emprego, López Orozco considerou “necesario axilizar e outorgar unha boa definición ás obras das Gándaras para poder ofertar solo industrial, un polígono moderno e nas mellores condicións”. “O obxectivo do emprego ten que ser un incentivo de todas as administracións para que as empresas conten con todas as facilidades”, indicou.

Continuidade dos proxectos
O Alcalde de Lugo explicou que un total de 143 empresas se teñen creado ao amparo do CEI-NODUS, 23 delas no primeiro semestre de 2009. Trátase de iniciativas profesionais que permitiron a creación de preto de 300 postos de traballo directos. Teñen abandonado o CEI, logo dos tres anos máximos de estancia, un total de 13 empresas, cuxa pervivencia foi do 100 por 100.

Tal e como destacou López Orozco, algunha das empresas xurdidas co apoio do Concello a través do CEI superan os 20 empregados, mentres que a idade media dos traballadores ronda os 30 anos.

Os datos, explicou o Alcalde, poñen de manifesto a importancia da iniciativa do Concello de Lugo que anima ás empresas a constituírse aínda en épocas de crise, tal e como reflicte a cifra de entidades creadas este ano, 23.

O CEI-NODUS
O Alcalde explicou que o Centro de Empresas e Innovación (CEI) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Con este obxectivo o CEI céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. A segunda das áreas de servizo do CEI é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo. Finalmente o CEI ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

Aposta pola I+D+i
O Alcalde visitou hoxe dúas empresas que basean a súa actividade na I+D+i, Imaxina e Ardinova.

Imaxina é unha empresa cualificada como ILE (Iniciativa Local de Emprego) no ano 2005 e abandonou o CEI-NODUS en marzo de 2008. A día de hoxe as súas instalacións atópanse na Rúa Hermanitas nº 1.

Ardinova Consulting S.L. obtivo a cualificación como ILE no ano 2006 e abandonou o CEI-NODUS en febreiro de 2009. Actualmente as súas oficinas están sitas na Rúa Ourense.

López Orozco subliñou que ambas son empresas que apostaron por Lugo para desenvolver a súa actividade e que están obtendo grandes éxitos. “Un exemplo de iniciativa empresarial sólida, en plena sintonía co século XXI. Iniciativas que sempre contarán co apoio e respaldo do Alcalde de Lugo para o seu desenvolvemento”.
Os representantes de ambas as empresas agradeceron a colaboración prestada polo Concello de Lugo para desenvolver os seus proxectos e felicitaron ao CEI-NODUS por ser “un dos mellores centros en cando a equipamento e posibilidades que existen”.

CEI-NODUS


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova