Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participará mañá na celebración de fin de curso da Escola Infantil de Serra de Outes


# Xoves, 30/07/2009
Haberá diferentes actividades coas que disfrutarán maiores e pequenos

A Escola Infantil Municipal de Serra de Outes celebrará mañá o fin do curso escolar 2008-2009 cunha festa na que participarán preto de 50 nenos e nenas que estarán acompañados polos seus pais e nais, polos mestres e polo Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro.

Ao longo da mañá os rapaces disfrutarán con diferentes actividades como teatro, títeres e xogos. Xa pola tarde, abriranse as portas aos pais e nais para que poidan disfrutar cos seus fillos e fillas dun tentempé  servido a modo de despedida do curso.

Esta xornada serviu para dicir adeus ata o vindeiro curso aos rapaces que continuarán na Escola Infantil Municipal e a aqueles que pasarán á Educación Primaria en diferentes centros da cidade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova