Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comunicado de condena do Concello de Lugo


# Xoves, 30/07/2009


Imaxe Asociada
O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado terrorista perpetrado esta mañá contra o cuartel de Palmanova en Palma de Mallorca, e amosa a súa repulsa radical a quen con desprezo ao dereito máis fundamental, o dereito á vida, tratan de acovardar ao conxunto da cidadanía.

Nestes momentos tan difíciles os lucenses unímonos á dor das familias dos dous Garda Civís brutalmente asasinados.

Manifestamos o noso aprecio e apoio incondicional aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que se xogan a vida cada día na súa loita pola liberdade, a democracia e a nosa seguridade.

Hoxe, ratificamos o noso compromiso na loita antiterrorista. Que saiban os terroristas que a cidadanía quere vivir en paz e defenderemos con toda determinación a liberdade fronte aos asasinos, o totalitarismo e as ameazas.

Somos un pobo que cre na convivencia pacífica, na tolerancia, no respecto aos Dereitos Humanos e nos principios da Constitución.

Hoxe, coma sempre, os demócratas unidos non permitiremos que silencien as nosas voces firmes e fortes que piden a paz. O pobo lucense hoxe reitera o seu NON ROTUNDO AO TERRORISMO.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova