Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participou na celebración de fin de curso da Escola Infantil de Serra de Outes


# Venres, 31/07/2009
50 nenos e nenas despedíronse das aulas ata o curso 2009-2010

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Preto de 50 alumnos e alumnas da Escola Infantil Muncipal de Serra de Outes celebraron hoxe unha festa de despedida do curso escolar 2008-2009 cunha festa na que estiveron ademais os seus pais e nais, os mestres e o Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro.

Pola mañá os rapaces e rapazas participaron en diferentes actividades especialmente deseñadas para eles como: xogos, títeres e a representación teatral dun conto.

Pola tarde a Escola Infantil abriu as súas portas aos proxenitores dos nenos e nenas que puideron disfrutar ao carón dos seus fillos e fillas dun pequeno tentempé  para despedir o curso.

Os rapaces despedíronse así das aulas ata o vindeiro curso 2009-2010, algúns continuarán na Escola Infantil Municipal e outros pasarán a cursar Educación Primaria en diferentes centros da cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova