Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo anuncia un borrador de "orzamentos austeros" para o 2010 que conxelarán o salario dos políticos, o IBI e o Imposto de Circulación


# Sábado, 01/08/2009
*Nunha entrevista radiofónica explicou que sería o segundo ano consecutivo que se conxele a retribución dos políticos do Concello

* Chama ás forzas políticas, empresarios, sindicatos e cidadáns a colaborar “nesa tarea marabillosa que suporá o despegue definitivo da nosa cidade”
* Salienta que aínda que sexa un ano de dificultades económicas non descenderán os investimento anunciados na cidade


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe que o borrador de orzamentos para o ano que ven, nos que xa traballa o Executivo Local, presentará uns presupostos “austeros” que recollerán a conxelación do salario dos políticos, a conxelación do IBI e do Imposto de Circulación. Así, conxelaríase o salario dos políticos por segundo ano consecutivo, unha medida na que López Orozco espera poder contar co apoio das forzas políticas con representación no Concello.

A conxelación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e do Imposto de Circulación permitirá, en palabras do Alcalde de Lugo, poñer dunha forma indirecta máis diñeiro nas mans dos cidadáns para que se invirta na cidade e os lucenses conten de xeito indirecto con máis ingresos.

Tal e como explicou o Alcalde de Lugo nunha entrevista radiofónica na Cadena Ser, para elaborar o borrador de orzamentos definitivo haberá que esperar a coñecer o financiamento co que o Goberno Local contará, derivado da Xunta de Galicia e do Estado, tendo en conta ademais os ingresos que terá o propio Concello derivados da súa xestión.

Ano de dificultades
López Orozco explicou que nos atopamos ante un ano difícil derivado da caída dos ingresos do estado, polo que, explicou, “pode haber dificultades”. A pesar do anterior, o Alcalde de Lugo indicou que hai gastos ineludibles para o Concello como os gastos de persoal ou os adquiridos coas empresas concesionarias de servizos á cidadanía.

López Orozco mantivo que aínda que os ingresos sexan menores, tantos os propios como os que cheguen doutras administracións, non desecenderán os investimentos anunciados na cidade. Para iso, expuso, contaremos co apoio do novo Plan Zapatero que permitirá investir en nova economía, medio ambiente, dependencia ou servizos básicos. “Non haberá rebaixas na atención aos cidadáns nin repercutirá na calidade de vida dos lucenses que seguirá mellorando”, salientou.

Así, avanzou que se traballa na elobaración dun borrador que se lle fará chegar á oposición para a súa avaliación e así, entre todos, estudar as partidas que hai que variar “en función dos obxectivos que nos marquemos”. Un borrador no que López Orozco espera que a oposición colabore.

O xefe do Ejecutivo Local explicou que o Equipo de Goberno está a traballar para preparar os orzamentos, fixar as taxas e os prezos públicos, rematar as obras que se están a executar e programar o próximo ano 2010. Trátase, salientou, “dun traballo bonito, pola cidade, un traballo que cando gusta se fai con moito cariño e moita ilusión”.

Despegue definitivo da cidade
Ademais, López Orozco chamou á colaboración do equipo de Goberno, oposición, empresarios, sindicatos e cidadáns “nesa tarea marabillosa que suporá o despegue definitivo da nosa cidade”. O Alcalde explicou que, unha vez conseguido que a cidade teña a súa propia definición e ter logrado o desenvolvemento que teñen outras cidades, chega “o momento do impulso que poña a Lugo definitivamente no século XXI”.

Neste sentido, manifestou o seu interese e o do seu Goberno por conseguir que se instalen empresas, que haxa traballo. “O noso leit motiv será ter unha cidade segura, agradable, onde haxa cultura, onde haxa vivenda, solo industrial e ben comunicada, feito que será posible grazas ao compromiso do Ministro de Fomento coa chegada do AVE a Lugo”, concluíu.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova