Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa a súa aposta pola formación coa organización do curso Mobilidade, Tránsito e Seguridade Vial


# Luns, 03/08/2009
*Os concelleiros Sonia Méndez e José Rábade presentaron o curso que comezará o vindeiro 17 de agosto
*O prazo de inscripción estará aberto ata o próximo 9 de agosto


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentaron hoxe unha das iniciativas do Concello de Lugo para avanzar na súa aposta pola formación. Así, deron a coñecer o curso Mobilidade, Tránsito e Seguridade Vial que se impartirá entre o 17 de agosto e o 21 de setembro no CEI.

O curso terá unha duración de 150 horas con horario de 09,00 a 13,30 e de 16,00 a 20,30 horas. Levarase a cabo no Centro de Empresas e Innovación e será sufragado integramente polo Concello de Lugo, de xeito que será gratuíto para os interesados. O prazo de presentación de solicitudes será ata 9 de agosto a través o Rexistro do Concello.

Os ponentes encargados de impartir os contidos teóricos serán: Manuel Louzao Aldariz, José A. Mourelle Cillero, José Ramón Fernández López, Antonio Nieto, Juan Escudero, Manuel Rodríguez, Manuel García Ferreiro, José Luis Álvarez Basadre, Enrique Fernández Fraga e María José Carballo Ruíz. Trátase, tal e como explicou José Rábade, de persoas cualificadas na materia obxecto do curso.

Destinatarios
Para realizar o curso haberá que ser español ou membro de calquera país da UE, ser maior de 18 anos, ter unha titulación de ESO e estar en posesión dos permisos de conducir A e B.

José Rábade explicou que o curso está dirixido a todas aquelas persoas que, cumprindo os requisitos, estean interesados en optar ás prazas de axentes de mobilidade que anunciou e convocará o Concello de Lugo, “moi válido para o acceso e preparación de oposicións a Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, así como para facerse co título de profesor de educación vial, tan demandando”.

Na súa intervención, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou que o curso significa un paso máis na aposta desenvolvida polo Executivo Local a prol da formación de calidade. Así mesmo, explicou que a posta en marcha do curso responde ao bo traballo do laboratorio do CEI no que se investiga sobre as novas ocupacións con saída. Así, explicou que se considera un nicho de mercado “interesante, posto que a mobilidade é unha tendencia á alza, polo que hai que formar aos interesados nesta materia”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova