Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo insta á Xunta de Galicia a elaborar un plan que ofreza financiamento aos concellos para reactivar a economía


# Mércores, 05/08/2009
*Así o salientou Sonia Méndez á vista dos bos resultados que se derivan do Plan E

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
* “Un plan semellante ao Plan Zapatero que dote aos Concellos de financiamento para realizar investimentos e permita crear postos de traballo”, destacou
* Salienta que o Feil ten posibilitado a contratación de 974 persoas na cidade de Lugo
* Destaca que o desecenso do número de desempregados reflicte a importancia do Plan Zapatero para a cidade de Lugo
* A Xunta de Goberno Local aprobou as bases para contratar unha empresa de distribución das publicacións do Concello


A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, instou hoxe ao Goberno galego a elaborar un plan, semellante ao posto en marcha polo Goberno do Estado, o coñecido Plan Zapatero, “que dote aos concellos de financiamento para realizar investimentos e permita crear postos de traballo”.

Así, recordou que o Plan E está axudando a reactivar a economía, así como a incrementar o número de empregados. Neste sentido, indicou que a Xunta de Galicia debería por en marcha un plan semellante a nivel galego que dote de financiamento aos concellos polo que instou ao Sr. Feijóo a aceptar a proposta realizada nos pasados días polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, á que tamén se sumou o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Bestiero, para a posta en marcha dun plan galego de axuda aos concellos, afectados pola crise.

“Un plan galego de apoio aos concellos que os dote de financiación para realizar investimentos, á vista dos bos resultados do FEIL”. “Un plan que permita reactivar aos concellos que sofren a crise polo descenso da participación nos tributos do Estado e polo descenso dos ingresos derivados da construcción como é o caso das licenzas urbanísticas ou as plusvalías”, destacou Sonia Méndez.

Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, a Concelleira de Economía e Emprego valorou os datos do paro coñecidos onte, cifras que reflicten que desde o pasado mes de abril, o paro descendeu na cidade de Lugo en 908 persoas, atopándose o número de desempregos en 5787. Trátase, tal e como explicou, da data na que comezaron a desenvolverse as obras que se están a executar a través do FEIL “o que demostra a súa importancia”.

O FEIL, ten posibilitado, destacou Sonia Méndez, que os concellos leven a cabo obras de interese xeral para as administracións locais, ademais de ter potenciado a contención do desemprego en sectores moi afectados pola crise como o da construcción. En Lugo, o Feil ten posibilitado a contratación de 974 persoas.

Sonia Méndez puxo en valor a contribución do Fondo de Inversiónb Local na recuperación do emprego e explicou que o Concello de Lugo espera adherirse ao novo plan anunciado polo Goberno do Estado “no que participaremos activamente” e que vai permitir avanzar na nova economía, alonxarnos do ladrillo e camiñar cara sectores como o das novas tecnoloxías, entre outros.

Os datos coñecidos onte refrendan, subliñou a Concelleira, a incidencia positiva que as medidas anticrise postas en marcha polo Execituvo de Rodríguez Zaptero están a ter, en gran medida sobre o conxunto da economía galega e, concretamente, sobre a cidade de Lugo. Así, ao abeiro do FEIL creáronse 22.566 empregos en Galicia, dos que preto de 3.000 corresponden á provincia de Lugo e 974 á cidade das Murallas. Son cifras que constribúen a que Galicia sexa a comunidade autónoma do Estado onde se rexistrou un maior descenso do paro no mes de xullo.

“Apreciase un horizonte que facilitará o mantemento do emprego e contribuirá de xeito decisivo á reactivación económica, un proceso no que o papel dos gobernos locais seguirá sendo esencial,”, subliñou a Concelleira.

Xunta de Goberno Local
Na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe no Concello de Lugo aprobáronse as bases para establecer un contrato de distribución das publicacións do Concello de Lugo. A empresa, que se elixirá mediante un procedemento negociado, encargarase da xestión de almacén, custodia de remanente e distribución en librerías dos libros e publicacións editadas polo Concello de Lugo.

Tal e como explicou Sonia Méndez, para a elección da empresa terase en conta a maior porcentaxe que a distribuidora se comprometa a ingresar no Cocnello.

Ademais, aprobáronse 7 licenzas, dúas de aparcelamento e 4 de obra.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova