Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

As axudas ao aluguer do Concello de Lugo para 2009 prestarán especial atención ás persoas que se atopen en situación de desemprego


# Mércores, 05/08/2009
* O Executivo Local destina 95.000 euros ao programa de axudas municipais para o alugamento de vivendas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
* En 2008 beneficíaronse da iniciativa un total de 68 familias
* A convocatoria abrirase a mediados de agosto, unha vez se publiquen as bases no DOGA


A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe o programa de axudas municipais para o alugamento de vivendas no Concello de Lugo. Trátase dun programa de axudas económicas para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domicilio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo. A convocatoria de 2009 presta especial atención ás persoas que se atopan en situación de desemprego, tal e como recollen as bases.

Persoas que con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 se atopen en situación legal de desemprego, así como aquelas que con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 deixaron de percibir prestación por desemprego, nivel asistencial e figuran inscritas no INEM.

O Concello de Lugo destina a este programa un total de 95.000 euros. En 2008 beneficiáronse do proxecto un total de 68 familias. Carmen Basadre destacou que máis da metade das axudas concedidas foron para o colectivo de inmigrantes e emigrantes retornados, o 56% do total das axudas concedidas. O 12% foi para mozos de entre 18 a 35 anos, o 10% para pensionistas e o 22% restante repartiuse entre os colectivos de familias monoparentais, discapacitados, mulleres vítimas da violencia de xénero e persoas con problemática de acceso á vivenda por situacións de ruptura familiar.

O programa para 2009 pretende facilitarlles o acceso á vivenda ás persoas que se encontren nunha situación socioeconómica que lles dificulte ou imposibilite acceder ao alugamento dunha vivenda digna.

Tal e como explicou a Concelleira de Benestar Social, o programa diríxese a persoas arrendatarias de vivendas, vivan soas ou en familia, con contratos de alugamentos vixentes na data de presentación da solicitude ou compromiso de novo arrendamento e que cumpran os requisitos fixados nas bases.

Os requisitos que figuran nas bases recollen que terán prioridade os colectivos de:

1. Pensionistas e persoas beneficiarias de prestacións sociais
2. Inmigrantes e emigrantes retornados sempre que a data de regreso se realice nos últimos dous anos inmediatamente anteriores á data da publicación da presente convocatoria do Diario Oficial de Galicia.
3. Mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos de idade, ambos inclusive
4. Familias monoparentais con cargas familiares non compartidas
5. Persoas discapacitadas cunha minusvalía superior ao 33%
6. Mulleres vítimas de violencia de xénero
7. Mulleres e homes separados ou divorciados con problemas de acceso á vivenda derivada da ruptura da unión familiar
8. Persoas maiores de 65 anos que convivan con menores de 35 anos, aínda que non sexan dunha mesma unidade familiar
9. Persoas que con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 se atopen en situación legal de desemprego segundo o establecido no artigo 208 do Real decreto lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, polo que se aprobe o Texto Refundido da Lei Xeral de Seguridade Social.
10. Persoas que con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 deixaron de percibir prestación por desemprego, nivel asistencial e figuran inscritas no INEM

Os ingresos derivados das rendas de capital dos solicitantes non poderán superar, no seu conxunto, a cifra de 601 euros anuais. Así mesmo, o custo de aluguer da vivenda non poderá superar os 350 euros/mes.

Cómo solicitar a axuda?
Os trámites para solicitar a axuda faranse en Evislusa, podendo solicitar información os interesados nos centros sociais do Concello de Lugo ou no teléfono de información municipal 010.

As solicitudes, en modelo oficial, presentaránse no rexistro de EVISLUSA ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común dentro dos 20 días naturais seguintes ao do anuncio da convocatoria no DOGA.

O modelo de solicitude poderase recoller en Evislusa na rúa Quiroga Ballesteros, así como en todos os centros de convivencia do Concello de Lugo.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova