Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo selecciona aos cinco profesionais que presentarán cadanseu anteproxecto para definir a rehabilitación da vella cárcere de Lugo


# Venres, 07/08/2009
* O xurado tivo que escoller entre un total de 27 plicas

* O Alcalde de Lugo destaca que a vella cárcere terá novos cometidos configurándose como un espazo para o lecer
*Avanza que a rehabilitación da infraestrutura estará rematada a finais de 2011


O Concello de Lugo celebrou hoxe a segunda xuntanza para a selección dos interesados en realizar o proxecto, dirección de obra e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere do partido xudicial englobado dentro do Plan Urban.

O xurado seleccionou un total de cinco interesados que poderán participar na segunda fase do concurso. Esta comisión comprobou nos días pasados que os candidatos cumpren cos requisitos de capacidade e solvencia sinalados nas bases do concurso.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou que a vella cárcere terá novos cometidos configurándose como un espazo para o lecer. Así mesmo, avanzou que a rehabilitación da infraestrutura estará rematada a finais de 2011.

Así, recordou que a idea coa que traballa o Goberno Local, respaldada polos tres grupos políticos con representación no Concello, pretende que o patio central se converta nun espazo dedicado aos eventos culturais, conservar a cárcere de mulleres como anfiteatro, ter un espazo de ocioteca, biblioteca e que as celdas poidan servir como espazos de exposición.

Así mesmo, destacou que un dos espazos pode ser destinado aos traballos de recuperación e rehabilitación arqueolóxica e que se prevé, ademais, a apertura dun restaurante que sirva de punto de encontro.

Seleccionados
Dun total de 27 plicas presentadas a este concurso por profesinais de recoñecido prestixio nacional elexíronse:

Ignacio Mendaro Corsini (Madrid)
Alfredo Freixedo Alemparte (A Coruña)
Alfonso Penela Fernández (Vigo)
José Luís Pereiro Alonso (Santiago)
Creuse Carrasco Arquitectos, S.L.P. (A Coruña)

O xurado valorou a alta calidade dalgúns dos proxectos elaborados polas empresas que optan á elección.

Ignacio Mendaro Corsini
Rehabilitación do edificio para a sede do BBVA de Cáceres
Novos Xulgados de Calatayud
Archivo Municipal de Toledo

Premio Costrumat 2002

Alfredo Freixedo Alemparte
Rehabilitación da Antiga Sede do Banco de España en Ourense
Rehabilitación do Mosteiro de San Estevo de Rivas de Sil (Nogueira de Ramuín)
Nova Casa Consistorial de Viveiro
Concellería de Medio Ambiente de Santiago
Escola de Danza de Lugo
Premio Juana de Vega de Arquitectura 2005

Alfonso Penela Fernández (Vigo)
Rehabilitación da antiga fábrica de salazón como vivenda para turismo rural en Aldán
Restauración do convento de San Francisco en Santiago
Restauración de Santa María de Conxo en Santiago

José Luís Pereiro Alonso (Santiago)
Bodegas Calem Oporto
Pazo de San Roque en Vigo
Hotel Palacio do Carmen en Santiago

Creuse Carrasco Arquitectos, S.L.P. (A Coruña)
Remodelación do antigo cuartel de macanaz para museo e sede da Fundación Luis Seoane ( A Coruña)
Urbanización do Porto de Fisterra e Nova Lonxa
Remodelación do Porto de Malpica
Reforma do Centro de Arte Torrente Ballester en Ferrol
Hotel Pazo de Altamira en Santiago

Segunda fase
Nunha segunda fase o xurado elixirá a idea máis adecuada das 5 empresas seleccionadas como anteproxecto para definir a rehabilitación do vello cárcere de Lugo e as obras de urbanización que se consideren precisas, segundo as definicións contidas nas bases, para declarar un gañador do concurso.

Unha vez a Xunta de Goberno valide a selección realizada hoxe, os profesionais contarán con 45 días para acometer o anteproxecto. O xurado reunerase de novo e elixirase ao gañador que redactará o proxecto definitivo nun prazo máximo de tres meses.

O Plan Urban conta cun investimento de máis de 16 millóns de euros dos cales unha parte provén de fondos europeos, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Lugo. Trátase dun proxecto europeo que permitirá a modernización e revitalización do Centro histórico e do seu comercio.

O xurado estivo composto por:

A Concelleira de Economía e Emprego
Un representante do grupo municipal do Partido Popular
Un/a representante do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego
A Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial
A Delegada do Alcalde para a área de Urbanismo.
O Interventor municipal
A xefa de asesoría xurídica
Un/a representante de Caixa Nova
Un/a representante de Caixa Galicia
Un/a arquitecto/a adscrita/o á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
Un/a arquitecto/a nomeado/a polo Colexio de Arquitectos de Lugo
Un/a arquitecto/a nomeado/a pola Universidade da Coruña
Dous arquitectos municipais
A Directora do Proxecto URBAN (Iniciativa URBANA)
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova