Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo oferta un curso de linguaxe de signos e un de maxia dirixidos á mocidade


# Luns, 10/08/2009
* A Concelleira de Economía e Emprego presentou as iniciativas que pretenden continuar coa oferta formativa do Executivo local e colaborar no acceso ao emprego da mocidade de Lugo

Imaxe Asociada Presentación Cursos

* O prazo de inscrición para o curso de linguaxe de signos remata o 27 de agosto, o de maxia o 26

A Concelleira de Economía e Emprego e Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, presentou esta mañá dous cursos, un de linguaxe de signos e outros de maxia, dirixidos aos máis novos. Tal e como destacou, estas iniciativas pretenden continuar coa oferta formativa do Executivo local e colaborar no acceso ao emprego dos máis novos.

Sonia Méndez explicou que desde o Concello de Lugo se ven ofertando un amplo abano de accións formativas para o emprego e a colaboración na inserción laboral dos mozos a través, por exemplo, das escolas obradoiro. Neste sentido, destacou que un total de 350 mozos e mozas están a participar en accións formativas do programa Lugo Emprego Activo, no que a finais de anos participarán 150 mozos e mozas máis.

Curso de linguaxe de signos

A Concellería de Xuventude oferta un curso de linguaxe de signos de nivel intermedio que contará cunha duración de 150 horas. No curso terán preferencia as persoas que participaron nos cursos de iniciación de edicións anteriores.

O curso de nivel intermedio desenvovlerase os martes, mércores e xoves desde o 1 de setembro ata o 29 de decembro. O horario será de 18,00 a 21,00 horas. O número de prazas é de 15.

O curso está destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. O prazo para inscribirse estará aberto desde hoxe e ata o 27 de agosto ás 19,00 horas.

A matrícula será de 30 euros e para conseguir o diploma é necesario non ter máis de 6 faltas. Se o número de solicitantes é maior que o número de prazas realizarase un sorteo aberto ao público no Centro Social Uxío Novoneyra o día 28 de agosto ás 12,00 horas.

As clases desenvolveranse no centro de convivencia de Fingoy e será impartido por ALUSOR (Asociación Lucense de Xordos). É o terceiro curso de grao intermedio que se imparte no Concello de Lugo.

Curso de maxia

Comezará o 5 de setembro de 2009 e rematará o 27 de novembro. Vai ser impartido polo mago Rafa e desenvolverase no CEI os sábados de 11,30 a 13,00 horas. Ao remate do mesmo realizarase unha actuación na que participarán todos os alumnos.

O curso está dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos e o número de prazas ofertadas é de 20. A matrícula é de 15 euros a ingresar no momento de inicio da actividade.

O prazo de inscrición estará aberto desde hoxe e ata o 26 de agosto ás 19,00 horas.

Se o número de solicitantes é superior ao número de prazas ofertadas, realizarase un sorteo aberto ao público que terá lugar no Centro Social Uxio Novoneyra o día 27 de agosto ás 17,00 horas.

Para conseguir o diploma do curso é necesario non ter máis de dúas faltas.

Para obter máis información sobre os cursos presentados hoxe, os interesados poden chamar ao teléfono 982.29.74.96 ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil en horario de mañá (10,00 a 14,00 horas e 16,30 a 19,00 horas de luns a venres).


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova