* Unha carpa itinerante percorrerá a cidade desde o 28 de agosto e ata o 19 de setembro
* Todos os que participen na campaña obterán recomendacións para mellorar os seus habitos de vida
* A iniciativa pechará cunha marcha saudable polo cinturón verde da cidade
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, anunciou hoxe que a partir do próximo venres 28 de agosto o Concello de Lugo, en colaboración coa Consellería de Sanidade, porá en marcha unha unidade Saudable cuxa finalidade é mobilizar, sensibilizar e orientar ao cidadán cara un estilo de vida sano en canto ao exercicio e a unha alimentación máis equilibrada. Trátase dunha campaña que promoverá uns hábitios de vida saudables entre os cidadáns.
A unidade do Concello Saudable é un espazo itinerante que comezará a súa andaina o día 28 de agosto e percorrerá toda a cidade ata o 19 de setembro, día no que se celebrará unha marcha saudable.
Tal e como explicou Luisa Zarzuela, trátase dun programa de actividades dirixidas a toda a cidadanía cuxos obxectivos son: promocionar a actividade física e promocionar unha alimentación sana. O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Xerais, colabora así no desenvolvemento de políticas e iniciativas activas co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns.
Destinado a toda a cidadanía
Todas aquelas persoas que participen no espazo itinerante que percorrerá a cidade, poderán coñecer un estudo de saúde realizando probas de esforzo e unha serie de medicións corporais. Así, entregaraselles unhas recomendacións tanto de exercicio como de alimentación adaptadas a cada caso concreto.
As avaliacións e estudos serán realizados por un equipo multidisciplinar integrado por unha nutricionista, un licenciado e un diplomado en educación física.
A mostra obtida de todas as persoas que participen incorporarase ás estadísticas xerais que está coordinando a Consellería de Sanidade baixo o programa PASEA. O departamento do Goberno autonómico subvenciona a iniciativa, que forma parte do programa Concellos Saudables, con 36.000 euros.
A campaña rematará o 19 de setembro, día no que se levará a cabo unha marcha polo cinturón verde de Lugo na que a Concellería de Servizos Xerais convidou a particpar a todos os veciños e veciñas da cidade.
Algúns datos
Luisa Zarzuela alertou sobre algúns dos datos que reflicten estudos recentes elaborados por nutricionistas e endocrinos. Un datos que indican que Galicia é a comunidade que máis obesos ten, sete puntos por enriba da media española, un 23% de adultos e un 30% nos menores de 14 anos.
Programa
A campaña, que pretende mellorar a calidade de vida dos lucenses, comezará o próximo 28 de agosto e percorrerá toda a cidade.
Agosto
28 de agosto. Inauguración da Unidade na Praza MaiorSetembro
1 de setembro. De 11,00 a 19,00 na Praza de Santo Domingo