Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba unha proposta na que se insta á Xunta a elaborar un plan urxente de actuación nos Concellos galegos


# Mércores, 12/08/2009
* Sonia Méndez explicou que os Concellos están a pasar por unha situación económica delicada, polo que o Goberno galego debe axudar a manter o investimento e a mellorar a calidade de vida dos cidadáns

Imaxe Asociada

* Recorda a importancia que tivo para Galicia e, concretamente para a cidade de Lugo, a posta en marcha do Plan E do Goberno de Zapatero

* A Xunta de Goberno Local autoriza a rexeneración de firmes en 13 parroquias do rural

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou hoxe que o Goberno Local ven de aprobar na Xunta de Goberno e elevará ao Pleno, unha proposta na que se insta á Xunta de Galicia para que elabore un plan urxente de actuación nos Concellos galegos. Tal e como destacou Sonia Méndez, os Concellos están a pasar por unha situación económica delicada que, previsiblemente, será máis complexa no ano 2010 por mor da baixada dos ingresos do Estado e da propia facenda municipal.

Neste sentido, desde o Concello de Lugo ínstase á Xunta de Galicia a crear un plan urxente de actuación para o investimento e realización de obras, mellora das infraestruturas, medio ambiente e rural. Así mesmo solicitaráselle que unha parte da axuda sexa destinada ao gasto corrente derivado das dotacións e equipamentos que orixinan os gasto de persoal, mantemento e actividades.

A proposta inclúe a necesidade de ter en conta aspectos como a extensión territorial dos Concellos, a dipersión e a poboación de cada municipio, como medida para a creación e mellora de infraestruturas e para o fomento do emprego.

A Concelleira de Economía e Emprego indicou a importancia dun plan elaborado polo Goberno galego que favoreza que os Concellos sigan traballando a prol da igualdade e pola calidade de vida dos cidadáns “para o que é preciso manter o gasto social e o emprego”.

Importancia do Plan E do Goberno Estatal

Así, Sonia Méndez recordou a importancia que tivo para os Concellos, concretamente para o de Lugo, a posta en marcha do Plan E do Goberno do Estado que permitiu crear preto de 1.000 postos de traballo na cidade, así como acometer importantes obras, tanto nos barrios como no rural. Unha proposta a que tamén a Deputación provincial de Lugo lle dará continuidade cun plan específico de reactivación económica dotado con 20 millóns de euros.

Xunta de Goberno Local

Na área de economía e emprego contratáronse, relatou Sonia Méndez, obras de rexeneración de firmes en 13 parroquias da zona rural por un importe de 184.189,21 euros. As parroquias beneficiadas son: O Veral, San Pedro de Soñar, San Pedro de Santa Comba, Santiago de Saa, Santiago de Piúgos, Santa María de Bóveda, San Pedro de Calde, Santa María Magdalena de Coeses, Santa Baia de Esperante, San Miguel de Orbazai, Santiago de Meilán e San Martiño de Ombreiro.

Preto de 1,7 millóns de euros para infraestruturas

No apartado de infraestruturas, o Concello de Lugo ten realizado un investimento no rural, no primeiro semestre de ano de 1.658.093,99 euros. Así, destináronse 101.259,60 euros a restauración, rehabilitación e reparación de lavadoiros, fontes e pontes; 116.656,80 euros a proxectos e obras; 346.623,49 euros a asfaltados; 242.071,36 euros a arranxo de escolas; 239.845,31 euros a reparación de marquesinas, arranxos, camiños, sinais animais, emulsión asfálitca, etc…; 271.797,67 euros melloras e camiños; 99.714,83 euros a alumeado público; 55.935,72 euros a desbroce e 184.189,21 a rexeneración de firme e rebacheo.

As actuacións de alumeado público efectuáronse en 29 parroquias.

Licenzas de obra

Na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe no Concello de Lugo aprobáronse así mesmo, 7 licenzas de obras e unha de primeira utilización. Sonia Méndez deu conta ademais, da aprobación das bases e convocatoria do proceso selectivo para a cobertura interina de 4 prazas de axente de mobilidade.

Os requisitos que teñen que cumprir os interesados pasan por ser maiores de 18 anos, español ou membro de calquera país da UE, ter unha titulación de ESO e estar en posesión dos permisos de conducir BTP.

Outros temas

En relación coas supostas carreiras ilegais que se están a celebrar en diversas parroquias de Lugo, Sonia Méndez avanzou que non existen denuncias formais ao respecto, se ben, o Executivo Local está a manter contacto cos veciños, aos que visitará nos próximos días para coñecer o estado real da cuestión. Así mesmo, explicou que, de detertarse estas prácticas ilegais, o Concello de Lugo tomará medidas e incrementará a presenza da Policía Local nas zonas que puidesen verse afectadas.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova