Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo felicita aos 30 traballadores do Plan PILES pola boa labor que están desempeñando na cidade


# Xoves, 13/08/2009
* A Concelleira de Economía e Emprego e Alcaldesa accidental visitou esta mañá ao equipo de traballadores que realizan obras de mantemento nas beirrarúas de Fingoi

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • A conselleira cos obreiros
  • A conselleira cos obreiros
  • A conselleira cos obreiros

* Recoméndalles aos desempregados o asesoramento do Espazo Lab no que xa teñen participado 350 persoas de cara a súa inserción laboral

* O Plan PILES está destinado a aquelas persoas que sofren maiores dificultades á hora de atopar emprego

A Concelleira de Economía e Emprego e Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, visitou esta mañá aos traballaodres do Plan PILES (Plan de Inserción Laboral e Emprego Social) que se atopan realizando obras de mantemento das berirrarúas no barrio de Fingoi. Tras saúdar aos integrantes do programa que traballaban na zona, Sonia Méndez felicitou aos 30 traballadores actuais cos que conta o Plan PILES pola “labor que están desempeñando na cidade”.

Tal e como explicou Sonia Méndez, o programa posto en marcha polo Concello de Lugo hai varios anos “está sendo un éxito”. Así, explicou que xa se teñen realizado importantes obras ao seu abeiro como aquelas que permitiron mellorar e acondicionar o Parque de Paxariños.

Orientación Laboral

Sonia Méndez agradecu o traballo que están realizando os PILES e invitou a todos aqueles que estean buscando traballo a achegarse ás oficinas do espazo LAB, a oficina de orientación laboral do Concello, onde poden interesarse polo Plan PILES. Así mesmo, destacou que tamén poden pedir información sobre programas que o Concello de Lugo ten emprendido e que xa permitiron participar a 350 persoas en programas de inserción laboral para aqueles que se atopaban en situación de desemprego.

Destinatarios do PILES

O PILES está destinado, tal e como indicou a Concelleira de Economía e Emprego, a aquelas persoas que se atopan con maiores dificultades para atopar emprego. De feito, subliñou, “na visita de hoxe vemos como varias mulleres desempeñan postos de traballo nos que xeralmente predominan os homes, constituíndo un bo exemplo da representación que debe ter a muller en todos os ámbitos”.

Actualmente o PILES ofrécelle un contrato laboral a 30 persoas que se atopan desempeñando o seu traballo en diferentes puntos da cidade co fin de mellorar a zona urbana, no rural, acondicionando camiños e pistas a través do seu desbroce e na ampliación do Parque de Paxariños.

O Plan PILES pretende reactivar o mercado laboral, ao tempo que se contribúe na mellora e mantemento da cidade e do seu contorno, tanto no centro, como nos barrios e na zona rural.

O Plan ten como obxectivo favorecer o acceso ao emprego dos colectivos que sofren unha maior discriminación en relación co mercado laboral. Ademais, o plan prevé a realización de obras de interese e mantemento en espazos públicos de todo o Concello de Lugo. Estas serán supervisadas e dirixidas polo persoal de Vías e Obras e polo persoal de Medioambiente do Concello.

No PILES participaron as persoas desempregadas que figuraban inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, empadroados no Concello e que pertencían a algún dos seguintes grupos: persoas con discapacidade que lles permita desenvolver as tarefas propias de mantemento de espazos públicos, homes e mulleres maiores de 35 anos ou inmigrantes con permiso de traballo e residencia.

A idade media dos 20 empregados que xa comezaron a traballar é de 40 anos atendendo de xeito especial unha franxa de idade que conta con importantes dificultades para conseguir emprego.

A duración dos contratos, aos que o Concello destinou unha contía de preto de 500.000 euros, estenderase ata decembro de 2009.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova