Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo defende que a solución a través do concerto para o matadoiro é "a máis satisfactoria para todas as partes"


# Xoves, 13/08/2009
* O Executivo local convocará un concurso público mediante o cal se outorgará o servizo a unha empresa que veña desenvolvendo a actividade do sacrificio de ganado

A Concelleira de Economía e Emprego e Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, defendou hoxe a solución proposta polo Concello de Lugo en relación co matadoiro da cidade. Así, explicou que o procedemento do concerto, mediante o cal unha empresa asumirá a prestación do servizo que ata o de agora viña prestando o matadoiro, é a solución máis satisfactoria para todas as partes implicadas.

Así, explicou que se vai levar a cabo un concurso por parte do Concello de Lugo no que se efectuará un concerto cunha empresa que xa veña prestando eses servizos. Ao mesmo tempo, pecharanse as instalacións do matadoiro actuais para darlles un uso diferente no que xa traballa o Concello.

Sonia Méndez subliñou que se opta por esta vía tras manter contactos tanto cos carniceiros como con outras empresas que se dedican ao sacrificio de ganado e ser coñecedores da súa falta de interese por explotar as instalacións municipais. “Foron contactos infructuosos nos que ninguén fixo unha aposta en firme”, destacou.

Deste xeito, o Concello de Lugo decide modificar o modelo contractual e convocar un concurso público no que se concerte cunha empresa que xa teña instalacións e que estea prestando os servizos de sacrificio de ganado.

“Consideramos que é a opción que máis interesa ao Concello de Lugo e, polo tanto, á cidade, posto que Lugo non pode permitirse seguir acumulando a débeda por parte da empresa concesionaria nin podemos realizar inversións nunhas instalacións deterioradas que supoñen unha carga económica moi importante e que ninguén está disposto a asumir”, destacou.

Así mesmo, tal e como indicou, a soolución proposta polo Concello garante que os empregados que viñan desenvolvendo o seu traballo no matadoiro, manterán os seus postos, posto que a empresa gañadora do concurso terá a obriga de contar cos seus servizos.

Neste sentido, Sonia Méndez explicou que o Concello de Lugo propón unha solución “que beneficia a Lugo, aos traballadores do matadoiro que manterán o seu emprego, así como aos carniceiros que seguirán mantendo o servizo”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova