Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O novo número da revista Foeminas recolle a segunda parte da historia das traballadoras galegas


# Venres, 14/08/2009
* A publicación xa está á disposición dos usuarios en http://www.foeminas.lugo.es/ na súa edición trimestral

A revista Foeminas no seu número 42 recolle a segunda parte da historia das traballadoras galegas. En portada publícase ademais unha reflexión sobre o ano da diversidade afectivo-sexual na educación. Pode consultarse no enderezo http://www.foeminas.lugo.es/.

A segunda parte do informe sobre As mulleres e o traballo presenta apuntes para saber por qué e cómo se da a desigualdade entre homes e mulleres e unha reportaxe realizada por Clarisa Fernández a Patricia Lessa Dos Santos (investigadora brasileira) titulada A loita polo recoñecemento do corpo feminino.

A revista publica tamén desde o Perú unha reportaxe realizada por Francisco Meza Esqueche ao psicólogo Christian Martínez Monge membro de Proxecto Macho.

No apartado Fale dela ofrécense as palabras do recoñecido escritor e profesor Claudio Rodríguez Fer en torno ao seu último libro: Ámote vermella, dedicado ás mestras intelectuais vítimas da represión fascista en Galicia.

Contemporánearroba chega para recoñecer a unha muller de quen é probable que coñezamos a súa voz, pero non o seu corpo, e o seu traballo resulta indispensable para establecer un vínculo entre actores e actrices estranxeiros e a historia que se conta no cine e na televisión. Trátase de Alicia Taboada Porto, que é actriz de dobraxe.

Na Galería de Arte publícanse as fotografías de Ruth Matilde Anderson, unha pioneira de outrora. Para rematar, en Mullerciclopedia publícase unha reseña do libro coordinado pola prestixiosa investigadora e activista polos dereitos LGTBQ, Raquel Platero, que leva por título Lesbianas. Discursos e representacións.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova