Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo constata a inexistencia de carreiras ilegais no rural e fai un chamamento á prudencia nas probas autorizadas


# Venres, 14/08/2009
*Os Concelleiros de Protección da Comunidade, Economía e Emprego e Medio Rural visitaron hoxe aos veciños para coñecer in situ a situación

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Protección da Comunidade, José Rábade, Economía e Emprego e Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, e o de Medio Rural, Lino González Dopeso, visitaron esta mañá a parroquia de Coeses onde mantiveron unha reunión cos veciños en relacións coas supostas carreiras ilegais que se estaban a producir na zona.

Tras a xuntanza, á que foron convocados os pedáneos de Coeses, Conturiz, O Veral e os veciños da zona, o Concelleiro de Protección da Comunidade constatou a inexistencia de carreiras ilegais na zona. “tras falar cos veciños constatamos que o que hai é absoluta tranquilidade e non existe ningún problema de carreiras ilegais”, destacou José Rábade.

Os veciños manifestaron “certa intranquilidade” tal e como explicou o Concelleiro, pola velocidade á que se desenvolven as probas enmarcadas no rally do San Froilán e que, por vez primeira en 2008 atravesaban a zona de Coeses. Neste sentido, José Rábade avanzoulles que o Concello e a Subdelagación do Goberno traballarán como xa ven sendo habitual para que haxa un total control e coordinación policial por parte da Garda Civil e da Policía Local para que todas as probas autorizadas discorran con normalidade.

José Rábade subliñou que o que lle trasladaron os propios veciños é a inexistencia de carreira ilegais, se ben manifestaron o temor previo polas probas do Rally San Froilán. José Rábade fixo un chamamento para que todo se desenvolva con normalidade para o que, explicou, “reforzaremos o control nas zonas polas que transcorra a proba”.

Proba autorizada
Na súa intervención, José Rábade explicou que o pasado 18 de xullo se celebrou unha proba autorizada no rural da Escudería Miño nun tramo de 2,5 km no que dous pilotos facían probas con normalidade e a seguridade requirida.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova