Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inicia as obras de acondicionamento e urbanización das inmediacións do campo de fútbol Anxo Carro


# Martes, 18/08/2009
* A actuación, que terá tres fases, conlevará un investimento de 800.000 euros
* As obras, que comezarán o luns, posibilitarán a creación de 379 prazas de aparcamento


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
*José Piñeiro destacou que se trata dunha das obras máis importantes das construídas ao abeiro do FEIL

A Concelleira de Economía e Emprego e Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron esta mañá as inmediacións do campo de fútbol Anxo Carro no que, a partir do luns, comezarán as obras de acondicionamento e urbanización da contorna do estadio, actuación realizada ao abeiro do FEIL.

Tal e como explicou José Piñeiro a urbanización da zona desenvolverase en tres fases cuxo orzamento total ascenderá aos 800.000 euros. A primeira e segunda das fases, que se acometerán de xeito conxunto, comezarán o próximo o luns e contan cun orzamento de 430.500 euros. A empresa adxudicataria é ANTALSIS S.L. A actuación dará emprego a un total de 30 traballadores.

As actuacións previstas na zona posibilitarán, tal e como sinalou José Piñeiro, a mellora da rede de espazos públicos asociados á potenciación do movemento peonil, a mellora ambiental da rede de espazos públicos e a mellora das vías de comunicación e medio urbano. “Trátase de presentar un espazo decente, digna para unhas instalacións tan importantes”, destacou. Así, explicou que se trata dunha das obras máis importantes que se van a desenvolver na cidade con cargo ao Plan Zapatero.

Actuación integral na zona
A obra comprende a actuación sobre o viario de acceso e a ampliación do aparcamento en superficie situado entre o Estadio Anxo Carro, o Pazo de Feiras e Exposicións e a estrada N-VI. Neste sentido, o Concello de Lugo ampliará o aparcamento existente mediante a urbanización dos terreos vacantes para crear en superficie un aparcamento en batería, cunha capacidade total de 379 prazas, así como zonas reservadas para emerxencias e outros servizos.

A actuación na contorna do Anxo Carro prevé ademais a construción de beirarrúas nas fachadas noroeste e sudoeste do estadio, así como un muro de contención no límite do aparcamento co campo de fútbol. Complétase a intervención en planta mediante o axardinamento dos espazos libres e residuais.

A actuación nas inmediacións do estadio de fútbol incluirán ademais a dotación completa das redes soterradas de servizos: abastecemento, alcantarillado separativo, alumeado público, subministro eléctrico, telecomunicacións e gas, así como a súa acometida a redes existentes.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova