Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo avanza na construción da segunda Casa das Linguas da cidade que estará rematada a finais de mes


# Xoves, 20/08/2009
* O Goberno Local cumpre así co seu compromiso de avanzar na formación lingüística da cidadanía
* As instalacións acollerán tamén un centro de convivencia para o desfrute dos maiores


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Igualdade e Benestar Social e Alcaldesa en Funcións, Carmen Basadre, visitou esta mañá as obras do Centro de Convivencia- Casa das Linguas do barrio da Piringalla que estarán rematadas a finais do mes de agosto. Tal e como explicou a Concelleira, o centro, no que estará a Casa das Linguas e o Centro de Convivencia da Piringalla, abrirá as súas portas ao público a principios do ano 2010.

O edificio do Centro de Convivencia-Casa das Linguas desenvólvese nun volume único con dous accesos independentes dende a rúa: un para a planta semisoto onde se ubica a Casa das Linguas e outro para a planta baixa que é onde vai o Centro de Convivencia. Desde esta planta é por onde se accederá á biblioteca e ao despacho situados na planta alta.

A nova infraestrutura financiada polo MAP e o Concello de Lugo, dará traballo a preto de 8 persoas que atenderán ao redor de 3.000 persoas que poderán utilizar o centro de xeito habitual. Carmen Basadre explicou que o centro levará un nome de muller.

Instalacións
A parcela, en forma de ele, con fronte ás rúas Ángelo Colocci e Rúa Lavandeira, é anexa a unha mazá de edificios de vivendas e zona verde privada. O edificio ocupa a totalidade da parcela pegándose ás medianeiras existentes e solventando as necesidades lumínicas e de ventilación das dependencias mediante un patio axardinado. A planta alta, destinada á biblioteca, conforma un paralelepípedo con fronte á rúa Angelo Colocci que xera á súa vez en planta baixa espazos cubertos para os accesos a esta planta e á semisoto.

Coa posta en marcha deste centro a cidade contará xa con dúas Casas das Linguas: a outra que comezou a funcionar no mes de xullo e que está situada en Estrada da Granxa. Así a cidadanía lucense conta con dous espazos socio-educativo dirixidos á práctica dos idiomas.

O obxectivo do Goberno Local é que ambos os dous locais se configuren como un punto de encontro e difusión lingüístico e cultural. Perséguese ademais, contribuír ao fortalecemento lingüístico dos cidadáns de Lugo, así como avanzar na formación da cidadanía na que os idiomas formen parte activa do coñecemento persoal.

A planta semisoto, destinada a Casa das Linguas contará con:

-  Vestíbulos
-  Zona de uso público
-  Servizo Administrativo
-  Arquivo, almacén
-  Nesta planta haberá dúas salas de usos múltiples e unha sala de linguas.

Na planta baixa estará situado o Centro de Convivencia:

-  Vestíbulo
-  Zona de uso público
-  Servizo Administrativo
-  Arquivo, almacén
-  Esta planta contará con varias salas de usos múltiples e un ximnasio ou zona de rehabilitación coas correspondentes duchas e vestiarios.

Na planta alta estará a Biblioteca do Centro de Convivencia:

-  Vestíbulo
-  Zona de uso público
-  Servizo Administrativo
-  Biblioteca
-  Arquivo, almacén

A superficie útil do edificio suma un total de 935´86 m2 e 1.116,05 m2  de superficie construída e estará rematada a finais de agosto deste ano.

A superficie total da parcela é de 537 m2 e conta cun orzamento de 914.877 euros.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova