Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa na conmemoración dos 750 anos do título de cidade de Viana do Castelo


# Venres, 21/08/2009
Lugo irmanouse co municipio portugués fai 19 anos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade e Alcaldesa en funcións, Carmen Basadre, asiste mañá sábado 22 de agosto, en representación do Concello de Lugo, aos actos de celebración da festividade d´Agonia de Viana do Castelo que nesta ocasión celebra o 750 aniversario da cidade.

O Concello de Lugo participará nesta efeméride co agasallo de dous traxes rexionais (un de home e outro de muller) que serán amosados á cidadanía portuguesa nun desfile no que participarán ademais representantes das outras 11 cidades irmanadas con Viana do Castelo. Despois dos festexos o agasallo será exposto no Museo do Traxe da cidade portuguesa na sección de traxes das cidades irmanadas que se está a crear.

O programa da xornada de mañá na que participará Carmen Basadre conta cunha Alvorada ás 8:30 horas, a partir das 12:00 horas Xigantes e Cabezudos, ás 16:00 horas comezará o desfile etnográfico e ás 22:00 horas terá lugar a festa do traxe no Castelo de Santiago de Barra.

A Alcaldesa en funcións estará acompañada na súa viaxe polo grupo de música folk Arrincadeira, en representación do folclore tradicional lucense.

Dende o irmanamento coa cidade portuguesa durante as festas d´Agonía do ano 1990, foron moitos os lazos que uniron a ambas as dúas cidades. No último ano Viana do Castelo acolleu, entre o 4 e o 14 de marzo, unha exposición sobre Lugo, e entre o 19 e 21 de xuño o grupo lucense Cántigas e Frores participou no V Festival Folclórico Cidade de Viana do Castelo, no que houbo ademais unha representación de fabricantes de embutidos artesanais de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova