Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias prepara novas actividades de lecer para a mocidade lucense


# Luns, 24/08/2009
Serán na praza do Castiñeiro entre as 18:00 e as 20:00 horas do 24 de agosto ao 11 de setembro

O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias do Concello de Lugo dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, realizará entre o 24 de agosto e o 11 de setembro un conxunto de actividades que terán lugar na Praza do Castiñeiro.

Todos os rapaces e rapazas que queiran participar poderán achegarse á praza entre as 18:00 e as 20:00 horas. Son actividades de lecer dirixidas aos máis novos: dinámicas grupais, xincanas, xogos populares... que serán conducidos por monitores. Ademais realizaranse outros xogos para desenvolver as habilidades psicomotrices.

Esta actividade está subvencionada a través dos Bens Decomisados do Plan Nacional de Drogas.

Portal de Prevención de Drogas


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova