Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo anuncia que o Debate do Estado do Concello se celebrará o próximo 21 de setembro


# Martes, 25/08/2009
* Así o avanzou na visita ás obras de accesibilidade onde deu conta, ademais, do inicio da V fase do proxecto que permitirá acometer obras en 18 rúas de cidade a partir de mediados de setembro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
* O Executivo Local investirá na V fase de accesibilidade máis de 200.000 euros
* Trátase da fase que conta cun maior número de actuacións das postas en marcha ata o de agora
* Coa fase V son xa 70 as rúas nas que se realizou a supresión de barreiras arquitectónicas



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou esta mañá que o Debate do Estado do Concello se celebrará o próximo 21 de setembro. Nel abordarase o desenvolvemento e actuacións levadas a cabo polo Goberno Local no último exercicio, así como aqueles proxectos de futuro nos que xa traballa o Equipo de Goberno. Así o avanzou esta mañá na visita as obras de accesibilidade que se están a desenvolver na cidade, fase IV, concretamente na rúa Camiño Real. López Orozco anunciou que as obras da fase V que se acometerán en 18 rúas de Lugo comezarán a mediados de setembro. As obras contan cun orzamento de 212.239 euros e un prazo máximo de execución de 5 meses.

As rúas que incluirá a V fase son: Avenida da Coruña, Rúa Milagrosa, Curros Enriquez, Illas Cíes, Río Narla, Alexandre Bóveda, Monte Faro, Rúa do Franco, Viana do Castelo, San Isidro Labrador, Laverca, Rúa das Fontes, Mar Cantábrico, Santo Grial, Ángelo Colocci, Gallego Tato, Lavandeira e Reiseñor.

As obras da fase IV laváronse a cabo en: Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Rúa Dr. X. Alonso Hortas, Rúa Andoriñas, Rúa Tui, Rúa Serra Gañidoira, Rúa Lamas de Prado, Rúa Rio Navia, Rúa Camiño Real, Rúa Conde, Rúa Pintor Villamil e Rúa Xulia Minguillón.

70 rúas adaptadas
Como explicou o Alcalde, as obras de accesibilidade no viario do Concello de Lugo comezaron no ano 2003, e dende aquela xa se puxeron en marcha IV fases, beneficiando a 70 rúas da cidade. Fíxose mediante un Convenio de colaboración subscrito entre o Concello, o Imserso e a Fundación ONCE, financiadas por fondos FEDER.

A supresión de barreiras arquitectónicas concrétase na posta en marcha das seguintes actuacións:

- Instalación ou reforma de vados peonís nas súas diferentes tipoloxías.
- Eliminación nas beirarrúas de obstáculos de pequena e gran entidade.
- Protección de alcorques.
- Eliminación de descontinuidade no pavimento en zonas peonís.
- Instalación de barandillas accesibles
- Ensanchamento de beirarrúas.
- Sinalización de pasos de peóns.
- Creación de aparcadoiros reservados a persoas con discapacidade.

Nas catro primeiras fases actuouse en preto de 60 rúas da cidade e investíronse 1.105.055 euros.

Os proxectos de accesibilidade tamén se centraron na instalación de Semáforos sonoros e ampliación de prazas para persoas con discapacidade.

Todas estas obras fixeron que a cidade de Lugo obtivese o Premio Reina Sofía de Accesibilidade no ano 2006 e o premio Millenium século XX-XXI.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova