Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez destaca que o Goberno Local está a manter o equilibrio presupostario a través da redución do gasto e sen mermar a prestación de servizos aos cidadáns


# Mércores, 26/08/2009
* O Concello de Lugo non subirá o próximo ano os impostos que gravan o IBI e o IVTM
* O incremento da tarifa da auga acometerase de xeito gradual


Imaxe Asociada
* A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de pavimentación e servizos do espazo público entre o campo de fútbol do Palomar e a N-VI

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou hoxe que o obxectivo do Goberno Local en relación co orzamento pasa por manter o equilibrio presupostario a través dunha redución considerable do gasto, sen mermar a prestación de servizos aos cidadáns. Sonia Méndez recordou que o Goberno Local sofre un descenso dos ingresos derivado, entre outros, dos problemas que afectan ao sector da construción, ao igual que acontece na maioría de Concellos.

Nese sentido, Sonia Méndez destacou que o Concello de Lugo ten instado á Xunta de Galicia a que elabore un plan que aporte fondos para infraestruturas e que permita manter os servizos e competencias “impropias” que os Concellos están prestando á cidadanía. Un plan similar ao Plan Zapatero que lles permita aos Concellos superar as dificultades económicas que atravesan pola crise. “As comunidades autónomas teñen que dar un paso como o que deu o Goberno do Estado coa posta en marcha do FEIL”, indicou.

A Concelleira de Economía e Emprego subliñou que o éxito de xestión do Equipo de Goberno de López Orozco permitiu atravesar unha situación de vantaxe con respecto a outros Concellos pechando o pasado exercicio con superávit.

Os impostos non subirán
Así mesmo, Sonia Méndez avanzou que os principais impostos que pagan os cidadáns, o IBI e o IVTM non subirán o próximo ano. Explicou que o Goberno Local traballa na redacción das ordenanzas fiscais, ao tempo que elaborará uns orzamentos, a partir da previsión de ingresos, que serán contidos no gasto “sen mermar a calidade dos servizos que imos seguir prestando aos cidadáns”.

En relación coa suba da auga, a Concelleira expuxo que a pretensión do Goberno Local é a de acometer un incremento na tarifa de forma progresiva, gradual e non total, como mantén o Partido Popular.


Xunta de Goberno
Sonia Méndez deu conta esta mañá dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local na que se aprobaron 10 licenzas urbanísticas. Así mesmo, revisáronse os prezos da xestión do servizo do centro de convivencia Antonio Gandoy e da empresa encargada das actividades de información turística.

O Equipo de Goberno Local aprobou ademais, a contratación das obras de pavimentación e servizos do espazo público entre o campo de fútbol do Pombal e a N-VI. O contrato, que conta cun importe de 202.642, satisface as necesidades de dotar de accesos e servizos ao campo de fútbol do Palomar. Esta actuación súmase, explicou, a anunciada a semana pasada de acondicionamento e mellora da contorna do Anxo Carro.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova