Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 500.000 usuarios participaron nas actividades da Concellería de Xuventude no primeiro semestre do ano


# Xoves, 27/08/2009
* O Arde Lucus, o certame internacional de graffiti e as actividades da Casa da Música, constitúen algúns dos eventos con máis participantes


* A cercanía e a confidencialidade fan que o servizo de información e asesoramento sexual sexa un éxito

A Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo realizou un balance moi positivo da participación nas actividades e servizos que promoveu ao longo dos seis primeiros meses do ano. Foron un total de 485.238 os usuarios e usuarias dos múltiples eventos que se estiveron a realizar entre xaneiro e xuño.

Rosana Rielo destaca que este ano se fixo un esforzo especial por manter as actividades propias da Concellería a pesar dos recortes presupostarios. Así mesmo, subliñou que desde o seu departamento fixeron fincapé na oferta de cursos formativos que contasen cunha importante saída laboral.

A responsable do departamento de Xuventude manifesta estar moi satisfeita co resultado das actividades levadas a cabo no primeiro semestre do ano, así como coa boa aceptación que tiveron entre a xuventude.

Destaca a participación rexistrada na edición deste ano da festa do Arde Lucus que bateu todos os records de asistencia de anos anteriores e supuxo unhas ganancias para a cidade estimadas en 10 millóns de euros. Trátase dun evento que está entre os mellores postos do ranking da web www.77mejores.es na que se elixen os mellores festexos de España.

Tamén contou cun bo número de participantes a segunda edición certame internacional de graffiti Style Fighter que se celebrou o pasado mes de xullo nas pistas de skate do parque da Milagrosa. Este certame, no que participaron os mellores graffiteiros do mundo, foi seguido por un total de 5.000 persoas.

Servizo de información
É moi demandada pola cidadanía lucense a información que ofrece a Concellería a través da Oficina de Información Xuvenil. Un total de 12.927 persoas acudiron á OIX para solicitar información sobre o Arde Lucus, cursos, información laboral, etc.

Os primeiros seis meses do ano no servizo de información e asesoramento sexual, de estudos, laboral, psicolóxico e xurídico que pon a disposición de todos os lucenses a Concellería de Xuventude, atenderon a un total de 111 persoas. Trátase dun servizo moi valorado grazas á confidencialidade, a confianza e a cercanía daqueles que o prestan.

As asesorías que máis demandas rexistraron foron as de temas sexuais con 34 (sobre métodos anticonceptivos ou as enfermidades de transmisión sexual) e a xurídica, tamén con 34, dándose fundamentalmente consultas sobre cuestións civís e administrativas.

Na asesoría laboral rexistráronse entre xaneiro e xuño 25 consultas. A Psicolóxica atendeu a un total de 12 casos e a de estudos a 6 persoas.

A Casa da Música contou tamén cun bo número de usuarios e usuarias, sumando preto de 3.826 persoas. Nos cursos de verán participaron 896 persoas, nos de música 48, 1.058 usuarios utilizaron a Casa para os ensaios dos grupos e 1.824 participaron nos xogos organizados neste centro municipal.

Entre os cursos promovidos pola Concellería de Xuventude para continuar coa oferta formativa do Executivo Local e colaborar no acceso ao emprego dos máis novos, destaca a participación nos cursos de Monitores de Tempo Libre e de Primeiros Auxilios. Pero tamén contaron cun bo número de participantes os de linguaxe de signos, socorrismo e maxia que se impartiron nos primeiros meses do ano. En total foron 104 as persoas que participaron nestas actividades formativas.

Outras actividades
Ademais, as actividades englobadas dentro do programa MAX (Movida Alternativa para a Xuventude) contou cun total de 1.546 participantes, as de Scalextric con 1.099 e as actividades do Entroido con 625.

Arde Lvcvs
www.7mejores.es


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova