Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo dará comezo á campaña itinerante do Concello de Lugo para promover hábitos de vida saudables entre a cidadanía lucense


# Xoves, 27/08/2009
Unha carpa percorrerá a cidade desde mañá venres, 28 de agosto, ata o sábado 19 de setembro

Mañá venres, 28 de setembro, ás 12:00 horas comeza a andaina da unidade do Concello Saudable posta en marcha polo Concello de Lugo en colaboración coa Consellería de Sanidade co obxectivo de mobilizar, sensibilizar e orientar ao cidadán cara un estilo de vida san en canto ao exercicio e a unha alimentación máis equilibrada. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, dará comezo a unha campaña que ata o 19 de setembro percorrerá diferentes puntos da cidade para promover uns hábitos de vida saudables entre os cidadáns.

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela, colabora así no desenvolvemento de políticas e iniciativas activas co obxectivo de mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Todas aquelas persoas que participen no espazo itinerante que percorrerá a cidade, poderán coñecer un estudo de saúde realizando probas de esforzo e unha serie de medicións corporais. Os participantes recibirán unha serie de recomendacións tanto de exercicio como de alimentación adaptadas a cada persoa e realizadas por un equipo multidisciplinar integrado por unha nutricionista, un licenciado e un diplomado en educación física.

A campaña rematará o 19 de setembro, día no que se levará a cabo unha marcha polo cinturón verde de Lugo e na que poderán participar todos os veciños e veciñas da cidade que o desexen.

Calendario da campaña
28 de agosto. Ás 12.00 horas: Inauguración da Unidade na Praza Maior
28 de agosto. De 13,00 a 20,00 horas na Praza Maior
29 de agosto. De 15,00 a 20,00 no Paseo da Ponte Vella
31 de agosto. De 15,00 a 20,00 na Praza Viana do Castelo

1 de setembro. De 11,00 a 19,00 na Praza de Santo Domingo
2 de setembro. De 15,00 a 20,00 no Parque Sagrado Corazón
3 de setembro. De 15,00 a 20,00 horas na Ronda das Fontiñas
4 de setembro. De 11,00 a 19,00 no Parque da Milagrosa
5 de setembro. De 15,00 a 20,00 horas no Centro Comercial As Termas
7 de setembro. De 11,00 a 19,00 no Parque Rosalía de Castro
8 de setembro. De 11,00 a 19,00 na Praza Fonte dos Ranchos
9 de setembro. De 11,00 a 19,00 na Praza Horta do Seminario
10 de setembro. De 11,00 a 19,00 horas na Praza Horta do Seminario
11 de setembro. De 11,00 a 19,00 horas no Parque da Milagrosa
12 de setembro. De 15,00 a 20,00 horas no Centro Comercial As Termas
14 de setembro. De 15 a 20,00 horas na Praza Augas Férreas
15 de setembro. De 11,00 a 19,00 horas na Praza de Santo Domingo
16 de setembro. De 12,00 a 20,00 horas en Carrefour
17 de setembro. De 12,00 a 20,00 no Parque da Milagrosa
18 de setembro. De 12,00 a 20,00 horas na Praza Maior
19 de setembro. De 10,00 a 18,00 horas no Paseo do Río Rato
19 de setembro. 11,00 a 13,00 Marcha Saudable

Descarga o programa completo ( PDF 909 KB )




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova