Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acometerá un proxecto topográfico que permitirá por en valor e estudar a Muralla a nivel internacional


# Xoves, 27/08/2009
* O Ministerio de Cultura destina 50.000 euros ao proxecto coñecido como “Moenia Lucensis”

Imaxe Asociada
* Volcaranse todos os datos existentes sobre a Muralla para que os arqueólogos de todo o mundo poidan acceder á información sobre o monumento a través das novas tecnoloxías

A Delegada de Urbanimo, María Novo, anunciou esta mañá que o Concello de Lugo ven de recibir unha axuda de 50.000 euros para acometer un proxecto topográfico que permitirá por en valor e estudar a Muralla a nivel internacional. O proxecto, Moenia Lucensis, beneficiase así dunha subvención para proxectos de conservación, protección e difusión de bens declarados Patrimonio Mundial. Trátase dunha achega que o Ministerio concede aos Concellos no marco das súas competencias.

A través deste proxecto pretenderase dar a coñecer a Muralla e incrementar a súa difusión a través das novas tecnoloxías. Tal e como explicou María Novo, a difusión e coñecemento terá dúas vertentes: dun lado, atópase a vertente científica e de xestión da documentación existente e, doutro, a vertente turística e cultural.

A primeira fase, obxecto da subvención, centrarase na posta ao día e informatización de toda a información documental, planimétrica e arqueolóxica existente sobre o monumento. A segunda fase basease na difusión ao público en xeral, a través das novas tecnoloxías, de toda a documentación existente sobre a Muralla.

Na primeira fase elaborarase un estudo topográfico mediante tecnoloxía láser escáner cuxo obxectivo é levar a cabo o levantamento tridimensional da Muralla de Lugo que proporcione un coñecemento exhaustivo da volumetría real do monumento e do seu estado de conservación.

Traballo profesional e de vangarda
O traballo levarase a cabo desde o servizo de arqueoloxía do Concello de Lugo coa colaboración dunha xestión profesional capacitada para elaborar o traballo topográfico e tridimensional que recolle o proxecto. Esta primeira fase, que se acometerá coa subvención do Ministerio, estará rematada a finais de ano.

María Novo explicou que o proxecto que vai acometer o Concello de Lugo consiste nunha labor de toma de datos topográficos da Muralla a través de procedementos en tres dimensións que, grazas ás últimas tecnoloxías, permitirá dar a coñecer a situación na que se atopa o monumento en altura e planta, así como o seu estado de conservación.

Deste xeito, o proxecto vai permitir, a través dun sistema xeográfico referenciado, volcar todos os datos existentes sobre a Muralla dos últimos trinta anos para que os arqueólogos de todo o mundo poidan acceder á información sobre o monumento a través das novas tecnoloxías.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova