Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo destaca que carpa itinerante saudable que percorrerá a cidade desde hoxe promoverá unha vida sana e de maior calidade


# Venres, 28/08/2009
* A iniciativa, posta en marcha en colaboración coa Consellería de Sanidade, busca mellorar os hábitos alimenticios e a actividade física dos lucenses

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
* A unidade itinerante saudable percorrerá a cidade desde hoxe e ata o 19 de setembro
* Todos os que participen na campaña obterán recomendacións personalizadas para mellorar os seus hábitos de vida
* A iniciativa pechará cunha marcha saudable polo cinturón verde da cidade
* López Orozco salienta o compromiso do Goberno coa saúde a través de iniciativas como a iniciada hoxe ou os Almorzos Saudables


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou hoxe que a carpa itinerante que percorrerá a cidade desde hoxe no marco da campaña Concellos Saudables, promoverá unha vida saudable e de maior calidade. López Orozco presentou a campaña itinerante Concellos Saudables coa que se pretende promover uns hábitos de vida sans entre os cidadáns. No acto, o Alcalde estivo acompañado por Cándido Sánchez, representante da Xunta de Galicia, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío. Tamén participaron o campión de tiro Julio Rivas, a triatleta Aída Valiño e a campiona de España xuvenil de tiro olímpico, Andrea Barrio.

A partir de hoxe, venres 28 de agosto, o Concello de Lugo a través da Concellería de Servizos Xerais, en colaboración coa Consellería de Sanidade, pon en marcha unha unidade Saudable cuxa finalidade é mobilizar, sensibilizar e orientar ao cidadán cara un estilo de vida san en canto ao exercicio e a unha alimentación máis equilibrada.

A unidade do Concello Saudable é un espazo itinerante que comeza a súa andaina na Praza Maior e percorrerá toda a cidade ata o 19 de setembro, día no que se celebrará unha marcha saudable. O Alcalde explicou que todos aqueles que participen na campaña recibirán recomendacións personalizadas elaboradas por profesionais sanitarios para mellorar os seus hábitos de vida e que sexan máis saudables. Os que conten con correo electrónico recibirán os informes nos seus PCs, mentres que aos demais se lle entregarán no momento.

Compromiso do Goberno Local coa saúde
Tal e como destacou o Alcalde de Lugo, esta iniciativa, xunto con outras postas en marcha polo Goberno Local como os Almorzos Saudables, a campaña Non só comas, aliméntate, as actividades de verán dirixidas a toda a poboación ou os espazos habilitados para efectuar bioximnasia forman parte do compromiso do Concello coa vida sana e saudable a todas as idades.

Tal e como explicou López Orozco, trátase dun programa de actividades dirixidas a toda a cidadanía cuxos obxectivos son: promocionar a actividade física e promocionar unha alimentación sana. O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Xerais, colabora así no desenvolvemento de políticas e iniciativas activas co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns.

Destinado a toda a cidadanía
Todas aquelas persoas que participen no espazo itinerante que percorrerá a cidade, poderán coñecer un estudo de saúde realizando probas de esforzo e unha serie de medicións corporais. Así, entregaráselles unhas recomendacións tanto de exercicio como de alimentación adaptadas a cada caso concreto.

As avaliacións e estudos serán realizados por un equipo multidisciplinar integrado por unha nutricionista, un licenciado e un diplomado en educación física.

A mostra obtida de todas as persoas que participen incorporarase ás estadísticas xerais que está coordinando a Consellería de Sanidade baixo o programa PASEA. O departamento do Goberno autonómico subvenciona a iniciativa, que forma parte do programa Concellos Saudables, con 36.000 euros.

A campaña rematará o 19 de setembro, día no que se levará a cabo unha marcha polo cinturón verde de Lugo na que a Concellería de Servizos Xerais convidou a participar a todos os veciños e veciñas da cidade.

Programa
A campaña, que pretende mellorar a calidade de vida dos lucenses, comeza hoxe e percorrerá toda a cidade.

Agosto
28 de agosto. Inauguración da Unidade na Praza Maior
28 de agosto. De 13,00 a 20,00 horas na Praza Maior
29 de agosto. De 15,00 a 20,00 no Paseo da Ponte Vella
31 de agosto. De 15,00 a 20,00 na Praza Viana do Castelo

Setembro
1 de setembro. De 11,00 a 19,00 na Praza de Santo Domingo
2 de setembro. De 15,00 a 20,00 no Parque Sagrado Corazón
3 de setembro. De 15,00 a 20,00 horas na Ronda das Fontiñas
4 de setembro. De 11,00 a 19,00 no Parque da Milagrosa
5 de setembro. De 15,00 a 20,00 horas no Centro Comercial As Termas
7 de setembro. De 11,00 a 19,00 no Parque Rosalía de Castro
8 de setembro. De 11,00 a 19,00 na Praza Fonte dos Ranchos
9 de setembro. De 11,00 a 19,00 na Praza Horta do Seminario
10 de setembro. De 11,00 a 19,00 horas na Praza Horta do Seminario
11 de setembro. De 11,00 a 19,00 horas no Parque da Milagrosa
12 de setembro. De 15,00 a 20,00 horas no Centro Comercial As Termas
14 de setembro. De 15 a 20,00 horas na Praza Augas Férreas
15 de setembro. De 11,00 a 19,00 horas na Praza de Santo Domingo
16 de setembro. De 12,00 a 20,00 horas en Carrefour
17 de setembro. De 12,00 a 20,00 no Parque da Milagrosa
18 de setembro. De 12,00 a 20,00 horas na Praza Maior
19 de setembro. De 10,00 a 18,00 horas no Paseo do Río Rato
19 de setembro. 11,00 a 13,00 Marcha Saudable

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova