Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asiste á clausura das Aulas Abertas do Centro de Convivencia de Fingoi


# Venres, 28/08/2009
Un total de 13 nenos e nenas representaron o musical Greasse

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, asistiron hoxe a representación do musical Greasse que serviu como festa de clausura das Aulas Abertas do Centro de Convivencia de Fingoi que rematarán o vindeiro día 10 de setembro.

Un total de trece rapaces e rapazas de entre 8 e 13 anos escenificaron esta adaptación teatral dun dos musicais máis vistos do cine. Os pequenos actores e as pequenas actrices fixeron disfrutar ao público asistente coa historia de Sandy e Dany.

Ao longo de todo o verán os seis centros de convivencia do Concello de Lugo ofertaron numerosas actividades e obradoiros que se orientan, principalmente, aos máis pequenos para axudar a conciliar a vida familiar e laboral.

Os rapaces e rapazas asistentes ás Aulas Abertas e ás Ociotecas realizaron actividades manuais como pintura, manualidades, contacto coa natureza, xogos de cores e informática.

Para os adultos tamén se desenvolveron algunhas actividades como castelán para persoas estranxeiras, en iniciación e avanzado, e a bioximnasia. Unha das actividades con máis éxito do verán foi o tai chi ao aire libre. Esta actividade estivo aberta a toda a poboación sen necesidade de inscrición previa e desenvolveuse todos os martes e xoves de xullo e agosto de dez e media a once e media no parque Rosalía de Castro, e os luns e mércores pola tarde, de sete e media a oito e media, no parque da Milagrosa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova