Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo valora moi positivamente o anuncio do Ministro de Fomento que permitirá que a cidade conte cunha estación intermodal


# Luns, 31/08/2009
* Salienta que se trata dunha actuación moi importante para a cidade na que coinciden ambos os dirixentes
* Avanza que se creará unha comisión na que estarán representados todos os axentes implicados no proxecto


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, valora o anuncio do Ministro de Fomento de converter a contorna da estación ferroviaria da cidade nunha estación intermodal onde conflúan todos os servizos de transporte da cidade: a estación de autobuses e a estación de tren.

López Orozco destaca que se trata dunha actuación “moi importante” para Lugo cuxa concreción respaldan ambos os dirixentes, tal e como se constatou nas últimas reunións mantidas sobre o tema e das que saíu a iniciativa que agora se coñece.

Así mesmo, López Orozco avanza que nos vindeiros días se creará unha comisión na que estarán representados todos os axentes implicados no proxecto para que este poida facerse realidade canto antes.

López Orozco subliña que a estación intermodal permitirá converter a Lugo nunha cidade máis europea, ao tempo que terá un novo espazo que constituirá un novo avance nas comunicacións da cidade. “Converterase nunha prioridade do Goberno Local que, xunto coa Nova Ponte, as autovías e outras actuacións relevantes nas que traballamos, axudará a avanzar no proxecto da cidade que queremos”, indicou.

Neste sentido, López Orozco destacou que este anunciou reafirma, unha vez máis, o compromiso do Ministro de Fomento, José Blanco, coa cidade de Lugo, un compromiso que agradece e no que sempre contará co seu apoio e o do seu Goberno.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova