Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Campus 2009 Lugo é Basket terá lugar entre o 7 e o 12 de setembro


# Martes, 01/09/2009
O evento contará coa élite do baloncesto provincial

Imaxe Asociada
Entre o 7 e o 12 de setembro os mozos e mozas lucenses terán unha nova cita deportiva Campus 2009 Lugo é Basket organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, así como a Federación Galega de Baloncesto e a Deputación Provincial de Lugo.

Os participantes, nados entre os anos 1994 e 1999, poderán disfrutar coa multitude de actividades organizadas e que se desenvolverán no polideportivo dos institutos da Avenida de Ramón Ferreiro entre as 10:00 e as 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 19:00 en horario de tarde.

O Campus contará coa élite do baloncesto provincial, ademais de numeroso material deportivo e os mellores medios loxísticos para consolidar o campus como un dos mellores da provincia.

Nesta edición os participantes poderán adquirir coñecementos técnicos e tácticos do baloncesto, pero ademais contarán con agasallos, vídeos, charlas arbitrais e de saúde, así como adestramentos cos seus ídolos. Tamén realizarán visitas ao museo, ao Spa do Gran Hotel e ao Aeroclub.

O venres realizarán unha saída para visitar o parque natural das Fragas do Eume, a praia de Perbes e pernoctarán no seu albergue para saír o sábado cara Betanzos a disfrutar da piscina e disputar algún encontro amigable.

Inscrición
Os que desexen participar no Campus 2009 Lugo é Basket poderán escoller entre diversas opcións:

- Campus: inclúe todas actividades a realizar durante o campus. Prezo 50 euros.

- Campus e comida: inclúe a opción anterior e comida nun restaurante da zona. Prezo 80 euros.

- Campus e excursión : Inclúe a opción do campus máis a viaxe, actividade, comidas e pernocte. Prezo 80 euros.

Os participantes poderán inscribirse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, en Élide, na Federación Lucense de Baloncesto e na Asociación Xuvenil Sagrado Corazón.
Para máis información pódese chamar ao 619 662 709, 669544057 ou a través do correo electrónico ajsc_lugoarrobahotmail.com.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova