Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O 5º Concurso de Tapas de Lugo conta xa cos seus 40 participantes


# Martes, 01/09/2009
Os establecementos terán a disposición do público a tapa coa que participan do 12 ao 27 de setembro

O 5º Concurso de Tapas de Lugo organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo conta xa cos 40 establecementos que participarán nesta nova edición.

Cada establecemento só pode participar nunha das modalidades (que ten un máximo de 20 participantes cada unha) tradicional ou creativa.

O concurso terá lugar nos establecementos participantes do sábado 12 de setembro ata o domingo 27. Os locais deberán ter a disposición do público a tapa coa que participan entre as 13:00 e as 15:30 horas e desde as 20:00 ata as 22:30 horas a un prezo entre 1 e 3 euros.

Os establecementos optarán a un total de sete premios:

  • Premios de votación popular que decidirá o público que visite o establecemento votando a través do portal www.lugo.es, páxina www.lugoturismo.com ou a través dos cupóns que deberán introducir nas urnas situadas nos establecementos participantes.

Tapa Creativa San Froilán

Tapa Tradicional San Froilán

  • Premios de votación polo xurado:

1º Premio de Tapa Creativa

2º Premio de Tapa Creativa

1º Premio de Tapa Tradicional

2º Premio de Tapa Tradicional

  • Premio á tapa que mellor maride co viño da D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use este viño como ingrediente.

Os establecementos que participan no 5º Concurso de Tapas son os seguintes:

Modalidade Creativa:

  • Ave César
  • Restaurante Paprica
  • Restaurante Tosar
  • Taberna de Daniel
  • Curmáns
  • Café bar Boletus
  • O Figón Tabernas Selectas
  • O Edén de Sara
  • Mesón da Pelusiña
  • Cinco Vigas
  • Restaurante Parrillada O Ventorro
  • Cafetería La Iguana
  • Restaurante Parrillada Antonio
  • Mesón Vinoteca Lubre
  • Cook
  • Bodegón Espolada
  • Restaurante Campos
  • La tapería de Baco
  • Pazo de Orbán- Taberna D1769
  • Restaurante España

Modalidade Tradicional:

  • Restaurante Antas de Ulla
  • Casa da Baixo
  • Pulpería O Castelo
  • 101 Vinos
  • Vinoteca Casa da Auga
  • Restaurante Savoy
  • O Pote
  • Tirabeque
  • Curruncho A Nosa Terra
  • Vinoteca La Sucursal
  • La Barra
  • Minuetto
  • Cervecería Baco
  • Taberna do España
  • El rincón de Santos
  • Pizzería Toscana
  • Parrillada Porta Santiago
  • Os Tilos
  • Restaurante Mesón de Alberto
  • Restaurante Manuel Manuel

Consultar as bases (PDF 131 KB)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova