Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns cen rapaces e rapazas participaron nas sesións do Videoforum Infantil organizadas polo Concello de Lugo


# Martes, 01/09/2009
As sesións rematan mañá mércores 3 de setembro coa proxección de Buscando a Nemo

Mañá mércores 2 de setembro, finalizan as sesións do Videoforum infantil que ao longo dos meses de verán estiveron a celebrarse no Centro Social de Lamas de Prado. Esta actividade, organizada polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, a través do Punto Xuvenil, tivo lugar todos os mércores de verán de 18:00 a 20:00 horas.

Mañá clausurarase o ciclo coa proxección do filme Buscando a Nemo, coa que se traballarán multitude de aspectos curriculares que se desprenden da película. Tocaranse temas de ecoloxía, ciencias sociais, ciencias naturais...

En total, preto de 100 rapaces disfrutaron de todas estas sesións de cine ao longo do verán. Nestas proxeccións aprenderon a non ser suxeitos pasivos dunha información, senón que participaron activamente na construción de criterios relacionados cos distintos filmes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova