Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 5º Torneo Nacional de Tenis achegará á cidade de Lugo algúns dos mellores xogadores do país


# Mércores, 02/09/2009
O evento deportivo terá lugar nas instalacións do Club Fluvial do 3 ao 10 de setembro

Imaxe Asociada

O 5º Torneo de Tenis Nacional terá lugar na cidade a partir de mañá xoves 3 de setembro ata o 10 de setembro, segundo explicaron esta mañá o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e José Antonio Pereiro, director do torneo.

O Concelleiro resaltou a calidade deste evento deportivo que achega á cidade de Lugo algúns dos mellores tenistas do noso país e, incluso, do estranxeiro que farán disfrutar aos afeccionados lucenses.

Nesta quinta edición do torneo, o máis importante de toda Galicia en canto a dotación económica e nivel de participación, e un dos máis importantes do territorio nacional, preténdese dar un salto cualitativo intentando a participación de, ao menos, dous tenistas que estean situados entre os 20 primeiros do ranking nacional e entre os 200 mellores do ranking ATP.

Os participantes disputarán ao longo dos sete días de campionato as probas das diferentes categorías, xogándose a fase previa entre o 3 e o 6 de setembro:

- Absoluto masculino

- Cadete masculino e feminino

- Infantil masculino e feminino

- Alevín masculino e feminino

Premios:

Proba INDIVIDUAL MASCULINA

- Campión:        1.400 €

- Finalista:           700 €

- Semifinalista:     350 €

- 1/4:               175 €

- 1/8:               87,50 €

- 1/16:             43,75 €

RESTO CATEGORÍAS: 100 € material deportivo ; 50 € material deportivo.

Horarios:
Pódense consultar os horarios e os cadros na web www.nacionaltenislugo.com, así como no taboleiro do club ou no teléfono 650 712 365 a partir das 20:00 horas.

www.nacionaltenislugo.com

Club Fluvial Lugo
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova