Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo pídelle unha entrevista ao Presidente da Xunta para "saber cómo están os temas pendentes coa cidade e avanzar na súa modernización"


# Mércores, 02/09/2009
López Orozco e Sonia Méndez visitaron esta mañá unha das empresas creadas no viveiro do CEI-NODUS e que xa conta con 27 empregados

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe que ven de remitirlle unha carta ao presidente da Xunta na que lle solicita unha entrevista para “saber como están os temas pendentes coa cidade e poder avanzar así na súa modernización”. Pasados os 100 días de Goberno autonómico e coñecidos os problemas da cidade na visita de Núñez Feijóo a Lugo “temos que poñernos a traballar e facer un seguimento das obras pendentes como o novo hospital, o Plan Paradai, as Escolas Infantís ou a estación intermodal, recentemente anunciada polo Ministro de Fomento, José Blanco”, destacou Orozco.

O Alcalde de Lugo fixo estas declaracións na visita á empresa Técnica Dental Studio VP, un centro de investigación, formación e desenvolvemento das novas tecnoloxías técnicas e materiais aplicadas ao sector da odontoloxía e máis concretamente, da prótesis dental e a implantoloxía. Na visita estivo acompañado pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.

A empresa foi calificada como ILE (Iniciativa Local de Emprego) e estivo instalada no CEI desde o ano 2005 ao 2008. Actualmente conta cunha plantilla de 27 empregados, unha das iniciativas que máis teñen medrado das xurdidas no CEI.

Utiliza as últimas tecnoloxías no desenvolvemento da súa actividade, así como materiais avanzados. Trátase, en palabras de López Orozco, “dun dos mellores exemplos de empresa emprendedora, innovadora e competitiva”.

Revitalizador da economía lucense
López Orozco subliñou que os 300 empregos creados ao abeiro do CEI-NODUS desde a súa posta en marcha en 2005 “o consolidan como un instrumento para revitalizar a economía lucense”.

“Hai que valorar o traballo realizado por estas empresas nun momento complicado economicamente por ter sido capaces de crear unha iniciativa, crear emprego e innovar para posicionarse nun mercado competitivo”, expuxo.

Un total de 143 empresas téñense creado ao amparo do CEI-NODUS, 23 delas no primeiro semestre de 2009. Trátase de iniciativas profesionais que permitiron a creación de preto de 300 postos de traballo directos. Teñen abandonado o CEI, logo dos tres anos máximos de estancia, un total de 13 empresas, cuxa pervivencia foi do 100 por 100.

Os datos, explicou o Alcalde, poñen de manifesto a importancia da iniciativa do Concello de Lugo que anima ás empresas a constituírse aínda en épocas de crise, tal e como reflicte a cifra de entidades creadas este ano, 23.

O CEI-NODUS
O Centro de Empresas e Innovación (CEI) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Con este obxectivo o CEI céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. A segunda das áreas de servizo do CEI é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo. Finalmente o CEI ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

CEI-NODUS


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova